Afros, 09

Vibra, danzando, coma a tua lingua na miña boca, saltarín, desprendendo nun carrocel froita a discrección: baias negras e froitos vermellos silvestres con flores de todas as cores para o teu sorriso. Herbas con aromas, intensas e punzantes, adornando o cabelo que acaricio.

Recordos dunha aldea chea de vida, enchida de crianzas sen paraxe e raparigas perfumadas mirando-me de reollo.

Despois a mineralidade fresca e solitaria dun anoitecer mirando as estrelas… e os teus olliños, entre plantas e flores durmidas.

Amplo e alto, convidativo, pasando seguro co ritmo dunha acidez saborosa, incisivo e envolvente.

Fragante paso a recordarme o paraiso que toco nos teus beizos. Embriaga, seduce… namora.

Afros. Vinhao

Este ten que vir á próxima “Emoción dos Viños”!!!

Ha tamén un loureiro Afros fino e sutil, de maneiras delicadas que esconden a personalidade extrovertida desta caste. Mírase, úlese e bébese coa apariencia sinxela da beleza, de ti.

Loureiro e Vinhao moran na Quinta do Casal do Pazo, situada na freguesía de Padreiro (Arcos de Valdevez) na sub-regiao do Lima, alí a prioridade é a viña, a sua saude e o equilibrio coa natureza que lle rodea, é para iso coidada con procesos amigábeis coa terra, que para eles representa a agricultura biodinámica. Solos graníticos expostos ó sur. 

Afros:

Tao diversos que se atraem, giram juntos,

quando se unem e separam,

em volteios recorrentes

Do amor entre o mar e o ar, irrompe a espuma…

Da espuma surge Afrodite…

para celebra-la nasce Afros!

2 ResponsesAfros, 09 to “”

  1. Antonio:
    Como non? Que o Afros Vinhao veña a próxima Emoción dos Viños , e dende aquí diremos:
    Que o viño, o igual que o noso río Miño,tamén nos une. Aquí che deixo un fermoso poema que da fe disto:

    Vendo-os asim tao pertinho Se Dios os fixo de cote
    A Galiza mailo Minho Um p´ra outro e tenem dote
    Sao como dois namorados En terras emparexadas,
    Que o rio traz separados Pola mesma auga regadas
    Quasi desde o nascimento Con ou sin consentimento
    Deixa-los pois, namorar, D´os pais o tempo ha chegar
    Ja que os pais para casar En que teñam que pensar
    Lhes nao dao consentimento En facer o casamento.
    JOAO VERDE DA LIVRA AMADOR SAAVEDRA

    Desexo que che guste¡¡ Segue así viticólogo dos bagos, co teu bo facer¡¡¡ Un saudiño¡¡.Montse Valije.

  2. Gracias Montse por todo

    emocionarannos o Afros e outros máis… Sempre