Infantado 08

perfumado de primavera

lavanda e esteva fresca, entre matos e plantas, tocando a parte incisiva na fanfarria florecente das mil ladeiras durienses,

abrazados de vermello por un coro frutal entrelazado entre as notas das plantas máis aromáticas.

exaltación do primario mecéndo-se entre carballos, soporte case ausente no seu balanceo.

infantario que envolve cos seus aromas para logo repetir a xogada no seu paso sedoso polo padal, redondes suavemente erizada por un brio xuvenil.

de primavera perfumado

do teu corpiño tumbado sobre unha laxa entre as plantas do bosque, ou sentada nas rochas da punta que mira ao solpor, ou baixo as pingas que caen para saborear-te natural

bagos de tintas e tourigas das vertentes que descenden, caen, viran ou torcem cara Gontelho, logo: pisa a pé e dez meses en barrica.

A Quinta do Infantado, coa Fátima ó fronte, en Chanceleiros, a 4 km de Pinhao seguindo o camiño de ferro dirección Régua.

Este Infantado representa, coma o Joao  Roseira, a face entrañábel do Douro, a aperta agarimosa desde o seu epicentro, desde o coraçao.

3 ResponsesInfantado 08 to “”

  1. Que bueno está este vino para su precio. Y muy curioso la diferencia del mismo vino de la parte norte del viñedo.

  2. el norteño aún me espera…

  3. […] baixo os grolos dos 2008, do Gouvyas, outra deste Gouvyas vinhas velhas, do Vintage 07, etc… mas este Reserva do […]