Anselmo Mendes

O Miño… si, o pai Miño seica algunha vez xunguiu terriñas comúns, espacios de oliveiras, castes, vilas e persoas nomeadas da mesma maneira. Agora, desde non importa cando, é algo peor que o río do esquecemento no seu tempo, iso implicaría un coñecemento previo.

Sabemos das andanzas vitivinícolas de famosos “winemarkers” de por alí, e sen embargo ignoramos o que miramos desde a fiestra da nosa casa. Anselmo Mendes é un dos enólogos máis recoñecidos en Portugal, entre outros motivos porque asesora un bo feixe de adegas desde a súa vila natal de Monçao, de Melgaço saen os seus viños coma este Muros Antigos, ate o Alentejo pasando por varias adegas dos Viños Verdes, do Dao ou do Douro.

Anselmo é un enólogo basto, extenso, consistente, mais tamén creativo, elaborador firme e seguro capaz de retomar vellas tradicións de vinificación ou aventurarse por camiños menos trillados nunha rexión bastante inamovíbel como a dos Viños Verdes.

Así podemos percorrer entre os seus viños practicamente todas as tendencias existentes na vinificación do albariño: inox, madeira, lías, criomaceración (Contacto), fermentación cos hollejos (Curtimenta), dun viñedo concreto (Parcela única), etc.

Muros Antigos 2010, alvarinho. Aromas pintando de amarelo os nosos recordos: a pavía, os mirabeis, o toque amoscatelado, as herbas aromáticas…, desde o fondo unha mineralidade bañada polo aire fresco do Miño alivia toda esta tonalidade.

Enche frutal a boca, cunha acidez medida que deixa o protagonismo do paso ó saboroso do seu corpo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

3 ResponsesAnselmo Mendes to “”

  1. sibaritastur Says:

    Y ese muros antiguos 2005?, simplemente espectacular…..

  2. antonio Says:

    sencillamente eso

  3. Anselmo Mendes | @zone41 Wine World | Scoop.it Says:

    [...] Anselmo Mendes O Miño… si, o pai Miño seica algunha vez xunguiu terriñas comúns, espacios de oliveiras, castes, vilas e persoas nomeadas da mesma maneira. Source: viticulturista.blogaliza.org [...]

Deixa unha resposta