desde Tui o Canónigo Areal

Tivemos a ocasión de contar na “Emoción dos Viños” , no claustro da Catedral de Tui, coas dúas adegas que moran co seu viñedo neste histórico espazo xeográfico situado entre o Monte Aloia e un manso río Miño, que placidamente vai entre O Condado e O Rosal, entre Monçao e Caminha, son Remesal e Canónigo Areal.

Non é moita a sona de Tui no imaxinario vitivinícola galego, de feito ate hai ben pouco so un par de parroquias do concello estaban admitidas no regulamento do consello regulador da denominación Rías Baixas.

A familia á que pertenceu o Canónigo Areal hai uns vinte anos que pasou de elaborar viño para consumo propio dos bagos da Finca Lavandeira, algo máis dunha hectárea situada ó carón da casa e da adega, a comercializar o seu viño e ampliar o viñedo un chisquiño máis. Julián Rodriguez, futuro granxeiro, é o que fai que, desde a viña pasando pola adega ate que deixa as botellas nas mellores viñotecas do sur do pais, podamos beber este albariño.

Estamos aos pés do Parque Natural do Monte Aloia, na parroquia de Rebordáns, e coma todos os anos a intervención no viñedo e na elaboración é a mínima que o sentido común aconsella, así, nunca empregan lévedos comerciais e, nestas alturas que andamos do mes de xullo, as mans de tratamentos na viña son xa a metade que a media na zona.

Cánonigo Areal 010, albariño de Tui.

Mostra carácter, o da caste albariña sen adornos superfluos, estilizada pero cunha garra vertical que deixa un frescor branquiño, alegre e delgado.

Branquiño de flores cuberto, das herbas de tocador que che perfumaron o rosto e do talco que suavizou o teu corpiño.

Branca pel a esconder un corazón de froita fresca, de mazá e lima.

CAÍDA DE SOL

Vive para conseguir

el mayor número

de caídas de sol

fundidas en la retina.

Todo lo demás no importa.

No importan dioses,

no importan monedas,

no importan amigos,

no importan enemigos.

Tampoco el arte,

mucho menos la lista

de cosas por hacer.

Vive para conseguir

que alguien sepa

agarrarte fuerte las manos,

todo lo demás

que sea sólo viento.

 Julian R.

One Responsedesde Tui o Canónigo Areal to “”

  1. […] desde Tui o Canónigo Areal Tivemos a ocasión de contar na “Emoción dos Viños” , no claustro da Catedral de Tui, coas dúas adegas que moran co seu viñedo neste histórico espazo xeográfico situado entre o Monte Aloia e un manso río Miño, que placidamente vai entre O Condado e… Source: viticulturista.blogaliza.org […]