caiño D´Arvelos
Gracias deus polo caiño e pola man que pousaches nestas latitudes para repousar
meu deus!! … o caiño co Atlántico no seu descanso en vales de rías e ríos
D´Arvelos 010, unha caiño de Vilalonga (Sanxenxo) elaborada por Luis Padín Rei, mercada por 7 € na Feira do viño tinto de As Neves.
Os froitiños silvestres intensos coloreados de vermello e negro sobre o verde,
o especiado agarimoso, máis vermello que negro.
Unha corredoira empedrada, entre terra e herba, co rasto precioso das bestas baixo as flores.
na boca é ledicia que fica danzando con aires cítricos,
unha acidez que permanece prolongando no tempo a frescura que alivia o padal e o ánimo,
levándome polo recordo do pai e do avó, cando para nos o viño eran os bagos que saciaban a sede e a fame nos milleiros de pateadas ente viñas cara ás montaniñas do pais.
Filed under: viños by Antonio Portela