Máis Alá!!

Estamos eiquí,

no finisterre atlántico,

o Máis Alá ao que outros tentan chegar,

nos xa estamos,

levamos ventaxe,

so temos o Atlántico diante nosa

mostrando-nos o horizonte ao que aspiramos,

sinalando-nos metas máis lonxanas.

Ás nosas costas está o pasado,

bo ou malo pero passado,

mirar cara atrás non nos aporta nada, é un lastre,

sería carregar con teimas alleas,

arrastrar o pesadelo de longas noites de pedra.

Máis Alá!!

Sempre Máis Alá. O vinho que chegue Máis Alá sairá de Nos… virá destas terriñas… Agora son outros os que tentan imitar

Os comentarios están pechados.