Rías Baixas, albariño…. chi lo sa?

Gustamos, de vagar durante os tres días que estuvemos no túnel do viño, mergullándonos por unha grande representación das xeografías varias das Rías Baixas, cos seus diferentes xeitos de elaborar esta/s caste/s de personalidade coñecida (?), nestas terriñas de identidade sobrada.

Caste e terroir que demandan ir Máis Alá, algo asi como que un viño con estes alicerces se respire na copa coa autenticidade da sua orixe, a saber: co frescor que aportan as rías e o rio á froita, ás herbas verdes da eira, á flor limpa, ás plantas aromáticas… e se ademais nos leva entre os recordos dos penedos graníticos, das cunchas que deixan as mareas, da area da praia, do airiño do mar, do peirao, dos bosques das ladeiras que caen cara ao Miño… pois que lles vou dicir… e isto non é poesia nin subxectividade, é a cata técnica e obxectiva que algúns pregoan. Que o primario sexa iso, e os aromas secundarios iso tamén, secundarios.

Viños frescos, as veces vibrantes, co carácter de seu, sen maquillaxes, directos e limpos, natural, con esa acidez que sauda ó pasar pola boca transmitindo vida, a longa vida que gardan, para que despois de lustros, décadas sigan dicindo: estamos vivos!! e nos deseguido calemos e so bebamos, verdade Dona Lola? ou podamos degustalos despois dun ano coa certeza en que os mellores momentos estarán a chegar.

Que carallo! este rollo preambulario, e as reviravoltas que ia seguir dando, viña a conta da versión amaneirada que buscan e presentan, desa suave redondes gustativa, acompañada da cara máis melosa, asolada ou madura, de todas as familias aromáticas. Consecuencia: degustamos, algúns sufrimos, paradoxalmente viños con máis volumen pero de sensacións máis light, xa dóciles recén embotellados, redondos de máis, coa acidez de simple comparsa cando non desaparecida, cunha vida moi limitada cando non agotada.

Esta claro que hai viñas mal ubicadas, produccións elevadas de máis… pero semella que tamén un uso indiscriminado ou esaxerado das lías. Semella que ficou atrás o de máis madeira e agora toca o máis lías. Estamos no: frio-lías-aceiro.

Asi a todo de cando en vez atopamos, enliados como estamos, un grolo que nos estimula e non o contrario.

Desde Freixo en Ribadumia o Tomada de Castro 2010, elaborado por Carlos Castro Serantes, cunha acidez sensible que se estende pola boca sen alardear, acompañando a un gusto salino, si!! salino, que marca o seu paso recordándome os pitóns de granito das placas de Budiño polos que trepei ou cecais o salitre do mar no que hai un chisco me bañei. Aromática fresca dos frutais florecidos á beira da ría, das rochas con cunchas e da sua brisa impregnada de mar.

Si, bañeime e o salitre impregnado na pel cheiroume asi, trepei pendurado de pitons graníticos a centímetros da miña napia e o copo cheiraba idem.

4 ResponsesRías Baixas, albariño…. chi lo sa? to “”

  1. Sempre tan realista Antonio¡¡ : Nesa cata técnica e obxectiva. Estou de acordo co de: Momento FRIO-LIAS-ACEIRO.
    POIS SI QUE TEN QUE ESTAR BO: TOMADA DE CASTRO 2010.
    FALAS DA SALINIDADE QUE CHE RECORDA O MAR E O GRANITO¡¡ XA SE VE QUE AS TUAS VIVENCIAS NON CHE PASAN EN BALDE, QUE TE QUEDAS CO RECORDO E SABES APRECIAR ESES INTRES QUE GARDAS NA MEMORIA¡¡
    NORABOA¡¡ CANTO SE APRENDE CONTIGO¡¡

  2. Os viños da tua man fanse poéticos, acompañantes , evocadores de sensacións inesquecibles, invitas a disfrutalos……,.Punto negativo, que seguro compartimos…….., mais viños bos e agarimosos no mercado, e menos xente que beba viños, ou menos apreciadores deles, nomes comerciais a parte.

    Saúdos cordiais, ata pronto

  3. gracias Montse, todo o mundo ten os seus pequenos paraisos. Hai dias lein que unha asociación tentaba difundir a cata técnica e obxectiva, debe ser que queren voltar ao pasado, cando esa era a única cata que existia ou se permitia facer porque a outra estaba proscrita. Será que se está estendendo a que eles chaman a cata “hedonística e subxectiva”… e algo periga, que pode ser?

  4. gracias Concha, O viño é para iso: gozar, soñar, evocar, disfrutar, flipar, compartir… desde logo outro tipo de descripción pouco invitan a beber, e polo tanto a que aumente o seu consumo.

    Un saudo