Archive for Setembro, 2011

Pirita, Los Arribes

Unha historia máis do viño, da descuberta da vocación vitícola, do ir e vir no proceso de aprendizaxe, da conversión en artesan que nunca deixa de ser un aprendiz. Unha historia que se reduce á interpretación anual dunha terra enchida de vellas cepas de nomes dispersos e esquecidos: Juan Garcia, Rufete, Tempranillo, Bastardillo Chico, Bastardillo Serrano, […]

Albamar, Alba de Mar

Albamar é o proxecto vitivinícola de Xurxo Albamar, un “granxeiro” que ten o seu espazo vitícola en Cambados pero que ademais de elaborar na parroquia de Castrelo desta vila do Val do Salnés das Rías máis Baixas, tamén o fai nalgures das Ribeiras Sacras co seu “Fusco”, unha mencia de forte carácter mineral. Xurxo transforma […]

Os que virán…

O mundo do viño en Galicia hoxe non ten nada que ver co de hai… poñamos dez anos, sequera co de hai cinco, quen manteña os prexuízos de antano, teña educado o seu padal cos “sabores” de outrora ou asocie nomes, denominacións, marcas, castes ou referencias cos preconceitos establecidos durante a época “colonial” vivirá, e beberá, […]

Godello de Monterrei

En Monterrei, a vertente galega do Douro, a porta de entrada ao duriense, a Quinta do Buble mira pasar o Támega polo seu val cara o sur, desde un balcón na ladeira de Oimbra. Alí, en Monterrei, as castes tintas teñen un horizonte aberto e moitos vieiros para alcanzalo… estanno a percorrer.  Coas castes brancas a maioria […]