Os que virán…

O mundo do viño en Galicia hoxe non ten nada que ver co de hai… poñamos dez anos, sequera co de hai cinco, quen manteña os prexuízos de antano, teña educado o seu padal cos “sabores” de outrora ou asocie nomes, denominacións, marcas, castes ou referencias cos preconceitos establecidos durante a época “colonial” vivirá, e beberá, nun mundo pasado.

Coma no seu tempo aceitouse sen rechistar que por arte de birli birloque algunhas D.O. serían a referencia guai do viño, sempre consideradas por enriba das demais, agora podemos afirmar sen medo a que nos miren de reollo nin a ter que aturar cualificacións varias, empregando todos os argumentos que queiramos e que outros empregaron denantes, que estamos a recuperar o tempo perdido, que chegaremos ao Olimpo dos viños e deiquí ao paraiso.

Os novos consumidores, amputados daquelas copas e liberados desa losa, xa educados cos viños de hoxe e de mañá, antesala, antecedentes ou precursores dos que virán, serán os que rematen de poñelos no lugar que lles corresponde, mentres, os vellos, anticuados e casposos hostaleiros (sumilleres hainos contados) terán desaparecido ou ficado ensimesmados na súa cova cos viños “nacionales”

No mundo do viño buscamos, sedentos, aqueles que satisfagan o noso padal e activen o espírito, sinxelamente aqueles que nos “gusten”, algúns, as veces, emocionándonos. Case sempre coinciden cos elaborados por adegas que grazas ao seu traballo son o pulo que espolea ao resto de adegas da súa zona e por ende do pais, favorecendo a expansión dos viños polo mundo dos coñecedores máis espertos (de despiertos) e deseguido polo dos amantes dos bos viños, dos que presentan identidade diferenciada e representan a autenticidade, e máis logo polo dos consumidores en xeneral.

A profundidade, o son orixinal, as pinceladas da terriña, alma que transmite a esencia dos bagos… a espiral, o trisquel, coma todos os símbolos que os antergos deseñaron para representar a experiencia de nos entre o ceo e a terra. hai viños que son ese canle de expresión, de sermos, e de levármonos… xa sabedes: Máis Alá.

5 ResponsesOs que virán… to “”

  1. Máis alá¡¡ Sempre nos levarán os viños que nacen dunha cepa, franca xa sexa vella ou nova¡¡ So temos que deixarnos guiar polos sentidos, e por aquilo que nos poidan transmitir, cando desfrutamos dunha boa copa de viño¡. E nunca esquecer¡¡ as raíces das que partiu e medrou, igual que nós as persoas, non podemos esquecelas¡¡. As raíces: son a base da viña e da nosa vida¡¡

  2. A realidade, do mundo comercial, é que se consumen case sempre o sota, cabalo e rei, sexan viños nacionais ou galegos….?¡¡, So uns cuantos están dispostos a renovar as súas cartas e facilitar a entrada e rotación de distintas adegas que ao longo do territorio teñen viños singulares, diferentes e sorprendentes, gratamente as mais das veces.
    A recuperación e potenciación de castes autóctonas, a valorización e o bo laboreo da viña para conseguir a mellor calidade de uva, a aposta en definitiva polos viños de terruño farán que os viños de Galicia, teñan ,como dende os últimos anos se ven recoñecendo, un lugar prioritario no panorama internacional ,so falta buscar mais consumidores, os futuros consumidores, aos que hai que facilitarlle unha boa educación sensorial e coñecemento do viño……. Apertas¡¡¡

  3. Levas moita razón… a esa conclusión chegaron, chegan e chegarán moitas persoas, empezando polas que teñen unha relación máis direta co viño, pero o cambio vai a modiño
    Penso que necesita máis coñecemento do viño, por razóns obvias, o mundo “comercial” , ou antes, que os consumidores, alguns destes van por diante.

    Unha aperta

  4. O por que se consumen viños comerciais?, boa pregunta, falta de todo, eu este tema podia falar horas, chegame moi cerca, pero non podo, hosteleiros,(marxenes) , sumilleres( a veces os de sin titulo luchan mais por viños con personalidade ), falta moita información, seguro que chegaran os nosos viños galegos a destacar, pero falta…..unha frase que detesto uf que caro para ser mencia, cantas veces uf moitas, e unha lucha diarea, chega un momento que cansa e ofreces o de sempre……logo recapacitas e volves a intentalo e así dia tras día e penoso……Os que virán- que chegen.
    Unha aperta.

  5. […] o que virá (I), acaba chegando […]