Albamar, Alba de Mar

Albamar é o proxecto vitivinícola de Xurxo Albamar, un “granxeiro” que ten o seu espazo vitícola en Cambados pero que ademais de elaborar na parroquia de Castrelo desta vila do Val do Salnés das Rías máis Baixas, tamén o fai nalgures das Ribeiras Sacras co seu “Fusco”, unha mencia de forte carácter mineral.

Xurxo transforma en viño a albariña do Salnés baixo os nomes de Albamar e de Alba de Mar, mostrando con estas dúas referencias os dous tipos de elaboracións que nestes tempos dominan o panorama dos viños desta denominación de orixe atlántica galega: un Albamar máis fresco e primario, e delgado?, e un Alba de Mar máis denso e maduro, ou apagado?

Eu despois de gustar e cheirar en diferentes ocasións durante este verán estes dous viños da anada do 2010, no caso do Albamar ademais tamén na súa versión do 2009, quedo co paso de boca e cos aromas do Albamar, e coa maior finura do 2009.

O Albamar do 2009  achegouse fresco e amplo coma unha marea. Marea alongada a encher a praia, a modo, salgada e areosa, deixando un gusto a froita de oso. Os seus aires traian limpos aromas de flor branca, herbas de tocador e froita cristalizada vibrante.

Na versión da anada do 2010 as tonalidades aromáticas iban do máis pálido ao máis dourado, do trópico atlántico aos frutais da leiriña entre as herbas da eira. Pasou agarimoso polo padal cunha acidez que cumpre.

2 ResponsesAlbamar, Alba de Mar to “”

  1. Pois eu nunca probín que diría o compañeiro Xurxo o seu viño, na miña última viaxe a Galiza cheguei a meira do morrazo a casa da miña cara amiga mónica o domingo de mañan, lá había media ducia de garrafas de albamar, todas baleiras. Xa se sabe…”con viño o cair do sol e con augha na mañan”, fodinme

  2. carallo! foderonte ben fodido pollito bien.
    A próxima volta por eiquí avisa e apañamos albamares e demais…