Pirita, Los Arribes

Unha historia máis do viño, da descuberta da vocación vitícola, do ir e vir no proceso de aprendizaxe, da conversión en artesan que nunca deixa de ser un aprendiz. Unha historia que se reduce á interpretación anual dunha terra enchida de vellas cepas de nomes dispersos e esquecidos: Juan Garcia, Rufete, Tempranillo, Bastardillo Chico, Bastardillo Serrano, Tinta Jeromo, Gajo Arroba, Verdejo Colorado, e da natureza que as agochou nunha comarca esquiñada e fronteiriza… historia para o disfrute de nos, historia innumerada e non condecorada, ignorante de listas de premios ou concursos varios, de polémicas sobre gurús e as suas pontuadas ocurrencias.

 

Historia que foi de aromas que sobrevoan pequenos bosques sosegados e solitarios, cercados por herbas e matos exultantes de cheiros, que baixa despois á terra atrufada e logo se envolve de especias e cacao, para deixarnos, no final, a froita en forma de vermello maduro e de negra ameixa. Paso sedoso, coa densidade do calor de outono e un suave adeus licoroso.

 

Pirita 2007almaroja Fermoselle, Arribes del Duero

2 ResponsesPirita, Los Arribes to “”

  1. Sabes si esa clorado verdejo es una verdejo tinta?, lo digo porque en asturias hay esta variedad pero no se si la hay en otros lugares y si es la misma que esta.

  2. Es la primera vez que leo, y bebo, algo sobre la verdejo colorado.
    La verdejo tinta se extiende por otras zonas ademas del Narcea, pero ahora mismo temo equivocarme si cito algunas.

    un saludo Jorge