Archive for Outubro, 2011

Máxima

Máxima, un ribeiro, o único pertencente ao concello de Ourense, onde a beira do Miño chámase Santa Cruz de Arrabaldo, dun viñedo enclaustrado no clos dun Pazo: Casanova. Un ribeiro dun viñedo onde o godello e a estrela, a que logo brilla coa luz de seu nos viños que desde ese pazo inician o camiño cara […]

os devotos dos bagos… e unha mencia

Os devotos dos bagos Temos por aquí materia prima e algúns viticultores a coidar viñedos singulares, especiais… persoais, patrimonios encepados, monumentos enraizados nas mil terriñas de nos Deles so sobran os academicistas e os tratantes dos químicos, dos productos que inducirán outras pragas, que so serven para mantelas no tempo arruinando o futuro. Nos, humildes […]

Terra do Lobo

Froita limpa, a túa cariña natural a espertarme pola mañá, un amencer que invita a vivir o día, a leve sensación da túa presencia ó meu carón cando non estás, sutil, con finura vai pasando pola boca coma un suave aire, unha amorosa caricia que activa os sentidos para cheirar e gustar, para sentilo todo: a […]

que nos ofrecen?

Que viños tintos consumimos? Que tipo de viño e de que procedencias? Con que gustos, aromas e presencia? e porque dunhas zonas e non doutras? Corpulentos, saborosos e intensos ou finos, frescos e amables… Rioja, Ribera, Somontano ou Monterrei, Douro, Montsant, Borgoña… Porque aquelas e non estas. Que criterios nos guían na confección das cartas […]

Viñaredo, Valdeorras´s Sousón

Hai un sousón en Valdeorras que vai pola sua segunda anada, e o Viñaredo, alias Barrica Selección, que está elaborado por Adegas Santa Marta en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras). Este que veño de tomar semella do 2010, pero non miro por ningures da botella referencia algunha a anada, dada a sua escasa producción supoño que o 2009 […]