que nos ofrecen?

Que viños tintos consumimos? Que tipo de viño e de que procedencias? Con que gustos, aromas e presencia? e porque dunhas zonas e non doutras?

Corpulentos, saborosos e intensos ou finos, frescos e amables… Rioja, Ribera, Somontano ou Monterrei, Douro, Montsant, Borgoña… Porque aquelas e non estas.

Que criterios nos guían na confección das cartas de viño?

Seguimos as últimas tendencias ou mantemos “impasible el ademán” co sota, cabalo e rei que herdamos?

Temos uns criterios madurados coa formación e a experiencia suficiente, mantendo unha san independencia, ou pesa máis o lastre da inercia que arrastramos e a presión dos distribuidores de sempre coas marcas de sempre e a tentación dun bo marxe de ganancia, todo elo a costa da apertura de novos vieiros nas copas que servimos e na cultura vitivinícola dos nosos clientes.

Servimos… pero in-formamos?.

Somos conscientes de que a hostalería determina seguramente máis do 60% do consumo de viño? Sabemos que en calquera pais normal e con tradición vitivinícola do mundo, nos témola e con máis historia que outros que dominan, o natural e de sentido común é a promoción e por suposto o consumo dos viños máis próximos? No noso caso estamos falando ademais duns viños tintos en auxe, na onda da moda que actualmente se impón no mundoviño, e sobre todo máis acaídos coa gastronomía destes lares, e loxicamente os viños que esperan atopar, que demandan, os que nos visitan.

Moitas preguntas pero con respostas de sentido común…

One Responseque nos ofrecen? to “”

  1. Sentido común, o menos común dos sentidos, dícese.
    Moi boa reflexión a que fas eiqui, Antonio. Como pode ser que unha zona co potencial noso, con xente que realmente está facendo cousas interesantes, cunha cantidade de viños ¡e viñas! diferentes sexa unha zoa de Riberas e Riojas?
    Non se entende.
    Os que producimos viño, así como quen o vende e ensalza temos que ter moi claro a calidade e personalidade que eiqui temos, e apostar por ela ainda que as veces os golpes do mar sexan fortes.
    Moitas gracias por dicir en alto o que tantos pensamos.
    Un forte abrazo pra todos