Terra do Lobo

Froita limpa, a túa cariña natural a espertarme pola mañá, un amencer que invita a vivir o día, a leve sensación da túa presencia ó meu carón cando non estás, sutil, con finura vai pasando pola boca coma un suave aire, unha amorosa caricia que activa os sentidos para cheirar e gustar, para sentilo todo: a terriña cos froitos que alimenta e as plantas que sostén, coa vida do redor que acompaña e non golpea, cun gusto e uns aromas na medida do equilibrio, esa sorte de elegancia que a hurtadillas pasa pero deixando unha pegada que os sentidos e o espírito agradecen.

A min todo o anterior sírveme, pero se necesitan algo máis diría que presenta con precisión, de xeito limpo, os aromas primarios ben entrelazados, sen estridencias nin adornos, cun gusto que invita a beber deleitando o padal despacio, a modo, deixando desapercibidos os 13´5% de alcól pero non a súa  balanceada acidez.

Existe tamén un Terra do Lobo mencia que se me escapa á mencia e a Monterrei por outros lares indeterminados.

Os Terra do Lobo veñen sendo a cara oposta dos que elabora a adega Quinta do Buble con este mesmo nome da adega, estes con un carácter máis acusado

Elaborado en aceiro con bagos de godello procedentes de viñas en ladeiras graníticas da banda do val do Támega pertencente ó concello de Oimbra (Monterrei)

 2010

Os comentarios están pechados.