o viticologo dos bagos o viticologo dos bagos
Search
os devotos dos bagos… e unha mencia

Os devotos dos bagos

Temos por aquí materia prima e algúns viticultores a coidar viñedos singulares, especiais… persoais,

patrimonios encepados, monumentos enraizados nas mil terriñas de nos

Deles so sobran os técnicos academicistas e os tratantes dos químicos das pragas, dos productos que induciran outras pragas e que so serven para mantelas no tempo arruinando o futuro.

Nos, humildes devotos dos bagos, aspiramos a respectar o que representan e o que nos ofrecen,

a interpretar o que son e a intuir e soñar ata onde poden chegar,

sen rendernos aos protocolos estabelecidos que rematan por esconder a súa alma, edulcorar a súa esencia e frustar o seu potencial por asegurar unha mediocridade que os salve do vértigo da escalada cara o cumio… ou máis alá.

mencia 2010 de Rubén

Mencia de Vilamartín

Vai directo ó nariz con froitas fresquiñas, entre arandos e cereixas, con flores sinxelas que o tempo torna desacomplexadas, a seguir con herbas agarimosas e pintiñas especiadas… como a primavera ó espertar.

Fresco e frutal, co alcohol medido e a acidez activa.

Un canto laudatorio entraría neste momento significando a ledicia polos tragos vividos, e polo viño do noso compañeiro granxeiro Rubén Murciego. Mencia colleitada no 2010 do viñedo e na casa familiar de Vilamartín de Valdeorras.

Hai máis cantos granxeiros para os grolos da mencia de Fernando de Chantada, para o albariño de Julian na capital do antigo reino, para as mil castes de D. Xoan Centrón polo Avia, para as de Suso no Barbanza e para o alvarinho de Calixto en Valença ou o de Román en Praia America (Nigran) … serán devotos…

Chuzame! A Facebook A Twitter

Leave A Comment