Creación / tradición / técnica

Creación / tecnicismo contra sensibilidade / consumo en prexuízo do pracer.

A innovación, o futuro máis revolucionario, está no pasado, na tradición recuperada… onde queira que a houber, en alcanzar a dimensión máis espiritual, que como di Pitu Roca basease no orgullo, no sacrificio, na historia, na tradición e no respecto.

Visto o visto e bebido o bebido, a investigación debería estar na comprensión, ou na racionalización para os que non saiban funcionar sen parámetros que dean seguridade ás súas mentes cartesianas e xustifiquen cada paso, dos labores de antano.

O outro i+d+i retrae a busca da excelencia que aporta a autenticidade das terriñas. Patróns, modernos sistemas de vinificación, mecanización / fertilización /loita química /rendementos… que aloxan ao viño da súa esencia.

… seleccións clonais, caracterizacións varietais, estudios de funcionarios sobre mil parámetros arquivados nalgures, cando o que necesitariamos serian os incunábeis libros de vendima daquelas xeracións que buscaban o mellor, so iso… e o pracer de beber.

2 ResponsesCreación / tradición / técnica to “”

  1. recordo un comentario dun vello viticultor do Ribeiro cando chegaron de algures a explicarlle determinados métodos, sulfatos, parámetros que dis ti, etc, e o vello que peinaba canas e que nacera case que nun cesto no medio do eido, dicía entre dentes:¿¡¡¡ que me vai ensinar este mozo, se levo dado mais de mil voltas a cepa¡¡¡¡ ………….., tecnoloxía si, avances técnicos si, sistémicos non, levaduras foráneas non, mais viña, mais preservación do terreo, mais viticultura natural………….saúdos¡¡¡¡¡.

  2. máis sensibilidade…

    apertas