Máis uma ves: Infantado

Quinta do Infantado Reserva 07

o Douro que recordo

esa mirada incisiva e profunda, Joao Roseira

o falar longo e denso coma o rio de seu

a pegada no tacto e no alento do chan que alí é

a esteva radiante, os froiteiros salpicados de flores solitarias

a potencia da terra que cubre

do rio que pasa e do sol que fica

aire que sae da copa despois de torcer mil viradas e contraviradas

as encostas de tintas e tourigas, vertentes abatidas sobre os rios do Douro

os grolos dos 2008, do Gouvyas, deste Gouvyas vinhas velhas, do Vintage 07, etc… mas este Reserva do 2007… é a raça, un pracer espantoso!!

2 ResponsesMáis uma ves: Infantado to “”

  1. Sen dúbida, o mellor Porto que probei na miña vida, serveumo Cannas e viña de Quinta do Infantado.

    Superior.

    Aperta forte

    Mariano

  2. Viños xunguidos á personalidade do seu facedor.

    Apertas grandes