Archive for Decembro, 2011

de Postmarcos o Altares

O aroma atlántico máis fino e menos explosivo, o que sutilmente vai e ven coma unha brisa mariña nunha tardiña do mes de San Xoan, aparece na península do Barbanza con este albariño da banda dereita da ría de Arousa. O sur mírase eiquí nun espello granítico entre regatos que baixan e bosques e penedos que esconden […]

Xornadas de Viticultura. Polo futuro que ven

Moi ben polas xornadas de viticultura celebradas en Pontevedra, que de Boa Vila tería que pasar a Boa e agarimosa Vila, e como corresponde cun discurso de peche da concelleira de cultura do concello moi emotivo. Parabéns á Asociación Galega de Viticultura por estas xornadas e polo seu traballo e dedicación. Necesitamos asociacións activas, integradoras […]

Costa da Vela crucei a ría co pensamento no ar ó longo da costa ate a redondes ultima, como último foi o pensamento que espremeu o meu desexo. foi entón cando cheguei ós outros lares, aqueles mais afastados, onde so polo soño chegara.

Homenaxe tabernario a Cunqueiro

Reivindicaremos como debe ser, nunha taberna de viños, coas verbas agarimosas do Cunqueiro, a emoción dos viños deste Pais. Beberemos e cantaremos, leremos e nos emocionaremos cos viños, a música e as verbas que describen, soan e saben como as mil personalidades das mil terriñas dos mil vales dos mil rios que son coma nos: […]

“Montes condenados”

“Les Monts Damnés” Extensa pradería ventilada por unha incisiva caricia branca e asomada de rochas cubertas dun branco floral. No fondo habitan a frugalidade austera, das froitas de oso, e a fresca, dos cítricos, sobre especias brancas. Densa aperta, adornada de ameixa verde, entre o aire fresco que a rodea e a sensación de mineralidade […]

Priorat… al Límit

Priorat. Hai espacios que te atraen, hai territorios que te chaman sen saber moi ben porque, simplemente pasan os anos e se manten unha palpitación, unha pulsión que so espera que a chispa da buxía arranque o motor para lanzarse, despegar, desatracar e voar, navegar, conducir, correr… cara lá. Priorat. Non sei a que cheira, […]