Priorat… al Límit

Priorat. Hai espacios que te atraen, hai territorios que te chaman sen saber moi ben porque, simplemente pasan os anos e se manten unha palpitación, unha pulsión que so espera que a chispa da buxía arranque o motor para lanzarse, despegar, desatracar e voar, navegar, conducir, correr… cara lá.

Priorat. Non sei a que cheira, nin por onde cae o sol, tampouco a cor das súas rochas aínda que hai anos que a nomeo: licorella… e a bebo, ainda que menos do que me gustaría.

Tiña a teima das vilas: que si Vilella, a alta e maila baixa, Bellmunt, Gratallops, Porrera… Torroja, ate que Joan Pallarés contivo, de momento, a miña euforia primaria, poñéndome ó día da realidade. Foi un gusto coincidir con él na cata do ranking dos viños de menos de 10€, antes xa seguira coma un devoto todas as súas crónicas prioratinas, algunha delas realmente iluminadora

No “Sundance” do viño ou Viñeron 2.0 puiden imaxinar o sabor e o cheiro dalgunhas costeiras cartuxas entre os nomes evocadores das botellas de Dominik A. Huber. O cultivo e a elaboración dun Terroir al Límit estaba escrito nas súas mans e na súa historia, e tamén no que imaxinaba cando bebía comparando garnachas e carinyenas de diferentes ladeiras.

Gardo todas esas notas na memoria… un día repasareinas pisando a licorella dos costers…

Os comentarios están pechados.