“Montes condenados”

“Les Monts Damnés”

Extensa pradería ventilada por unha incisiva caricia branca e asomada de rochas cubertas dun branco floral. No fondo habitan a frugalidade austera, das froitas de oso, e a fresca, dos cítricos, sobre especias brancas.

Densa aperta, adornada de ameixa verde, entre o aire fresco que a rodea e a sensación de mineralidade caliza que deixa no padal.

Leva todas as cargas que o “condenan” a unha longa vida.

Nas terras brancas de Sancerre, polo tramo medio do paseo do Loira polo seu val, atópase “Les Monts Damnés”, viñedo de 2´5 hectáreas situado en Chevignol das que 1´5, a parte máis alta e virada ó norte, pertence a Pascal Cotat. Son cepas de cuarenta anos de Sauvignon Blanc vinificado en barricas con máis de cinco décadas de 600 l. (demi-muids) con lévedos dos propios bagos. Son 35 € por garrafa, aquí distribuido por María Fechoría e máis alá por Alma vinos únicos.

Os comentarios están pechados.