Reivindicaremos como debe ser, nunha taberna de viños, coas verbas agarimosas do Cunqueiro, a emoción dos viños deste Pais.
Beberemos e cantaremos, leremos e nos emocionaremos cos viños, a música e as verbas que describen, soan e saben como as mil personalidades das mil terriñas dos mil vales dos mil rios que son coma nos: agarimosos, corteses, anainantes, amistosos, líricos, locuaces, morriñentos, independentes, soñadores, románticos, orgullosos… bos e xenerosos
Unirémonos desta maneira á homenaxe que polas rúas de diferentes vilas deste pais se celebrará o vindeiro 22 de decembro.
taberna: Viñoteca de García (Tui)
viños do Pais: os mellores que teñamos nas nosas adegas de castes en terriñas que farían escribir mil relatos agarimosos ao noso Cunqueiro
música: de nos
letras: de Cunqueiro… máis logo as nosas mesmas
convocan: o viticologo dos bagos, Viñoteca de García e sumilleres da AGASU.
os interesados pode chamar ó número 630824498

Comments (2)
Dia mui proprio un 22, coma o número da cunca que ele tiña na taberna do Padre Benito lá na raíña
tomaremos unha copa á tua saude…