Archive for Xaneiro, 2012

Quinta de Saes 1996

O bosque atlántico vai estendendo, poc a poc, a súa presenza, de aires balsámicos, entre as especias, as flores secas, o coiro e a pel dunha montura. Vai fresco pola boca, con acidez cumprida e un tanino que deixa o seu leve recordo, coa sensación dunha froita agarimosa, sutilmente licorosa, e outra vez o bálsamo […]

Clos Saint Philibert

A mineralidade que abrazan os campos en flor, a froita que sobresae, neste momento para dominar, a madeira ancorada no fondo dun mar mineral. Porte serio que esconde, e destapa, un estrondo de vida nova, primaria, que o tempo levará á madurez esperada, á ledicia para os sentidos. Personalidade exuberante por calmar, pide paso, deixa […]

Couto Mixto

A raia, ese espazo fronteirizo “sensa frontieras”, unha raia virtual salpimentada de pequenos “viñuedos”, “majuelos”, “pagos”, pezas, viniñas antigas, e outras máis novas, poboadas por castes de entre Douro e Sil, algunha delas descoñecida para nos e que nos soan como de máis alá da Terra Media, desta terra media que é Monterrei, ou aos […]

Ladeira Vella

Castes vellas de garnacha tintureira en ladeiras recias e asoladas. Hai tempo que esta variedade chegara pola porta de atrás, daquela os nosos viticultores pasaban tempos difíciles e o apego ás vellas castes de Nos fora esmorecendo, foran as pragas (mildiu, filoxera, oidium), a emigración… O abarello de sempre, o que partindo das ribeiras do […]