Lalama

Lalama do 2007, a semana pasada, día flor: madeira fresca do bosque, entre o frescor da fraga e o negro froito das zarzas, e co tempo… a uva, a orixe de todo, e co bago de uva e os seus aires un gusto primario e antigo, recordando os viños directos que levan limpos a esencia dos bagos…

Supoño que os do Dominio do Bibei estánse a achegar ó perfil de viño co que soñan, grazas a esta busca experimentar unha vertical do Lalama é viaxar, ademais de polas características climáticas que definiron ás distintas anadas, nunha travesía ó traves de gustos que van evolucionando, pulíndose, enfiando o futuro con máis argumentos… pero a min non me importa o caderno de bitácora que escreban, nin o tempo que tarden en atopar o Santo “Copo”, ou Grial, destas terriñas… eu seguirei fielmente, coma un devoto, deixándome levar polo que me conte cada anada un Lalama…

A foto reflicte unha destas travesías que che levan entre diferentes anadas, por terriñas e castes azoutadas en cada ano por distintas quenturas, friaxes, choivas, trebóns… interpretadas por Laura e Suso.

Esa travesía-cata fora hai xa tres anos no mesmo Dominio, hoxe sinto a necesidade doutra semellante, con novas etapas…

Dominando as ladeiras que entre regatos caen cara á Ponte do Bibei, territorio de altura, esquiñado e soalleiro, no concello de Manzaneda… na Ribeira Sacra do Bibei.

Espero que as tribulacións e liortas no espectro político de Nos, e que tamén afectan a este concello, sexan para que o futuro leve a este pais Máis Alá… con orgullo.

Os comentarios están pechados.