Archive for Marzo, 2012

Corisca

Corisca: vento forte con saraiba.   Adegas Corisca naceu no ano 2005 en Entenza (Salceda de Caselas), O Condado, con dúas hectáreas que na actualidade chegan ás catro. A primeira anada comercializada, xa co certificado do consello regulador da agricultura ecolóxica, foi a do 2009. Este que ven hoxe é o 2010 que se pode […]

apariencias sinxelas

A historia vitícola da humanidade resumida nunha aparencia sinxela, leve tea cubrindo un corpo que invita a ser gozado, natural, sen a sucesión de capas, de roupaxes que retrasan o goce e o pracer, que non deixan ver a beleza limpa da pel espida, suave, vibrante, co nervio que acelera os sentidos, sen as roupaxes […]

O viño no Morrazo

A península do Morrazo forma parte dun dos dedos da man de Galicia que pousada sobre o Atlántico da forma ás Rías Baixas. As castes de Galicia pululan por toda a Gallaecia desde o Narcea e Negueira de Muñiz ate as puntas oceánicas de Donón e o Barbanza e desde Betanzos ate Guarda no Dao […]

Viticultores en Portela

A adega Valdesil presentou esta semana no restaurante do grupo nove A Rexidora a nova imaxe dos seus viños, as novas etiquetas están baseadas nas serigrafías creadas polo deseñador Fernando Gutiérrez que fora director de arte de publicacións coma Colors, Vanidad, Matador e dos suplementos Tentaciones e EP(S), ademais de crear a nova identidade e deseño […]

Pedro / Guímaro

En Brosnos, parroquia do concello de Sober, na beira luguesa do Sil que se denomina Amandi, quentiña e soalleira, está a adega Guímaro e as viñas de Pedro Rodríguez. Achegámonos a Brosnos despois de xantar no Restaurante Dona Branca do magnífico hotel Palacio de Sober, onde o seu chef Marcos Varela fixo que recuperaramos a inspiración […]

Ribeira Sacra próxima estación (anada)

Veño de estar na Cata de calificación da anada 2011 na Ribeira Sacra. Nela calífícase a calidade dunha anada, neste caso en función de dez mostras de viños das que cinco eran mostras extraidas de depósito, dunha selección entre as adegas, pequenas e grandes, das cinco subzonas que conforman a denominación de orixe. A conclusión final, após media das […]