As Furnias

Un viño para a recuperación dos tintos de O Condado, ese Condado veciño miñoto de Melgaço e Monçao, espazo diferenciado dentro do que é a denominación de orixe Rías Baixas, limítrofe na súa parte superior co Ribeiro, pouco máis adiante do Miño abandonar esa histórica denominación e antes de enfiar o tramo final do seu curso, abeirando terriñas de reclamada identidade (zona minhota da regiao dos verdes, O Rosal e o mesmo O Condado) xunguidas polo pai Miño e polas castes da Gallaecia (albariño, loureiro, treixadura, espadeiro-padeiro de basto, caiño-borraçal, souson-vinhao, brancelhao, pedral…)

Destas terriñas do concello de Crecente, onde se atopa o viñedo da Adega As Furnias, ven o tinto do seu mesmo nome elaborado polo ex-granxeiro Juan Gonzalez Arjones, dun curto paso do 50% por madeira, cos caiños, longo e da terra, co sousón e co brancellao que dominan, con outras máis escasas, nos tintos do Ribeiro acompañadas do espadeiro que empeza asomando por estas terras do Miño galego-portugués e baixa con el cara a súa desembocadura, estendéndose logo polo norte ate as rías de Vigo, Pontevedra e Arousa e Portugal abaixo polo sur.

Esta primeira anada (2010) do tinto As Furnias ven cun gusto a medio camiño entre a maior redondez e densidade dos tintos do Ribeiro e a altiva frescura dos do Salnés. Así un tacto amábel que envolve e un frescor suave e agarimoso que da alegría e agradece o seu trago, vai entre aromas de grosella, froitos silvestres e froita negra sobre as herbas do campo e o fino fondo especiado.

Vai mellorando cos meses desde aquela primeira vez que o bebéramos no outono do ano pasado… e así creo que seguirá sendo.

6 ResponsesAs Furnias to “”

  1. Curioso, ayer subí mi cata al blog:
    AS FURNIAS 2010

  2. ya la leí Jorge, también seguí tus bebidas por alimentaria y demás

  3. Ok Antonio, sólo te lo ponía por intercambiar opiniones.
    Tengo un problema con tu blog, el puñetero traductor de google no me deja traducirlo bien, lo reconocde como portugues y hay cosas muy raras que no se entienden bien.
    Y no veo manera de cambiar el idioma, coño

  4. que lo digo por mi, no por tí, faltaría mas…

  5. si, el portugués te es un gallego que retorcieron un poco, el brasileiro es más paresido.
    Ya te informaré de lo que tramamos para la edición de este año de la “Emoción dos viños” en Tui.

  6. […] As Furnias é un viño tinto de O Condado, sen contraetiqueta Rías Baixas, que leva as castes tradicionais desta bisbarra miñota, baseado en varias viniñas controladas por Juan, unha delas abeirada na casa familiar, e mentres non entre en producción a viña As Furnias, na que ese solo peculiar con esas castes nese microclima á beira do Miño… prometen conxugarse na máxima expresión. Juan manexa esta ecuación de factores co instinto e a sensibilidade dun vigneron apegado á terriña. […]