Archive for Maio, 2012

A Emoción dos Viños

Xa estamos artellando a segunda edición de “A Emoción dos Viños” que decorrerá outro ano máis no Claustro da Catedral de Tui, este ano ampliamos horario: será o sábado 16 de xuño de doce a dúas da mañá e de cinco a nove da tarde. O claustro da Catedral de Tui nos acollerá para disfrutar dos mellores viños […]

vai o Xirpin polo Mar de Arousa

Xirpin 2010, viño da terra do Barbanza – Iria elaborado en Esteiro (Boiro) con caíño, sousón, brencellao e mencía por Antonio Saborido para unha producción limitada de 1500 botellas, bebidas maioritariamente na mesma zona do Barbanza. Xunto ás parras de albariña e raposo (branco lexítimo) que orixinan brancos cun inmenso futuro tamén conviven cepas tintadas, que […]

Branco lexítimo, Arousa, Ulla, Negueira…

Encántame dicir Ribeira arousán da indicación V. T. Barbanza e Iria, tanto como dicir Arnoia, O Bolo, Amandi, Meaño, etc. Imaxínome o día que teñan unha sonoridade con acordes semellantes a escoitar Montrachet, Mersault ou Musigny. Nomes que retumban polos catro puntos cardinaes do escenario vitícola universal coa música do terroir. Galicia esta enchida de […]

Manuel Formigo

Pola beira dereita do Avia ó seu paso por Beade aparece o viñedo de Manuel Formigo dividido entre as fincas Miñoteira, Portela, Pousos e outras máis pequeniñas. Máis ou menos polo centro xeográfico de todos os vales, encostas e terras que dan forma ó Ribeiro actual e pasado. Manuel, licenciado en química e en enoloxía, […]