vai o Xirpin polo Mar de Arousa

Xirpin 2010, viño da terra do Barbanza – Iria elaborado en Esteiro (Boiro) con caíño, sousón, brencellao e mencía por Antonio Saborido para unha producción limitada de 1500 botellas, bebidas maioritariamente na mesma zona do Barbanza.

Xunto ás parras de albariña e raposo (branco lexítimo) que orixinan brancos cun inmenso futuro tamén conviven cepas tintadas, que aínda que vaian aumentando a súa extensión teñen a venda asegurada. Ademais os tempos son chegados para os tintos de todas as bisbarras do pais.

Na boca flúe… sen soltar unha verba máis alta ca outra, cun discurso que podemos escoitar horas sen que sature. Non busquen no Xirpin a lentitude mediterránea, aquí a enormidade oceánica do Atlántico amainase nun marciño, o de Arousa, para alabanza da gastronomía mariña da ría e a suavidade do tacto co que pasa o Xirpin no seu trago, cos recordos salinos que lle achega ese mesmo mar ás ladeiras de penedos graníticos onde fixan as raizames as súas cepas.

De feito hai unha leve brisa granítico – mariña que atravesa os seus anáinantes aromas de froita vermella, como a framboesa e a cereixa, de violeta, fiúncho e a marela flor da xesta entre os castros.

vía bago miúdo

13 Responsesvai o Xirpin polo Mar de Arousa to “”

  1. Vilas

    Ben pola información, bravo polos viños arousáns, e sobre todo do Saborido, home de mar e ribeira…

  2. Joan Gómez Pallarès

    Querido Antonio, voy a estar la semana que viene por tu tierra. Quizás podamos contactar por mail para vernos, ojalá, pero poder conocer vinos como éste de la tierra de Barbanza es una de las cosas a las que aspiro, no sólo beberlos, sino conocer a quien los hace.
    ESpero que andes bien. Un abrazo,
    Joan

  3. antonio

    Vilas gracias por facerme estar no bulir das novas comarcas do viño

  4. antonio

    Encantado Joan, podemos acercarnos a beber y conocer algunas de estas historias atlánticas que poco a poco se van destapando.
    No son los mejores momentos pero seguiremos más allá.
    Apertas

  5. Joan Gómez Pallarès

    Perfecto, Antonio. Pues si te parece te pego un toque para ir juntos a que me expliques algo de estas historias de ribeira en Barbanza. Esto de Carlos Saborido tiene muy buen aspecto!
    Saludos,
    Joan

  6. Joan Gómez Pallarès

    Hola, Antonio, la dirección mail que consta en tu blog me rechaza los correos. ¿Puedes mandarme uno tú con tus señas a blogdevinis@gmail,com?
    Muchas gracias,
    Joan

  7. Antonio

    hecho Joan

  8. José Crusat

    Antonio estáis invitados a acercaría por Adegas Entreosrios en vuestra visita a la comarca.

  9. José Crusat

    Acercaros quería decir acercaros!

  10. Antonio Portela

    Al final como no disponiamos de todo el día estuvimos no Morrazo (Bueu e Donon)
    pero ya estoy pensando en ese día no Barbanza

  11. José Crusat

    Invitado estas

  12. Vas gostar dele

    Um vinho excelente, mui afrutado e ligeiro em boca, notas que lembran a amorodo e framboesa em plenitude. Combina à perfeiçom com mariscos da ria (proponho umha boa centola). Realmentre surpreendente, gostei imenso.

  13. Montse Casaoliva

    Buenos días Antonio,
    Mi amigo Joan Gómez Pallarés me ha recomendado tu vino. Somos una importadora de vinos españoles en Australia y estamos visitando bodegas españolas para introducir nuestros vinos en nuestro portfolio. No sé si estais pensando en la exportación y si estais interesados. En caso de que lo esteis, no dudes en conactarme para poder concretar una cita.
    Saludos cordiales,
    Montse Casaoliva
    644164290