Archive for Xuño, 2012

a Emoción foi

Viaxamos a modo, pola aventura que iniciaramos o ano pasado: a dos viticultores e os viños coa música e os amigos que nos emocionan. Quédannos moitas travesías, co timón da nosa copa arrombaremos cara ós catro puntos cardinaes da Emoción sen presa, de vagar, bagos miúdos Soñamos no claustro que pisabamos xardíns albariños ou brancellescos, […]

Premios Ribeiro 2012

Gran ledicia polo premio recibido e por ter coincidido co amigo Xurxo Rivas ou con personaxes tan importantes na vitivinicultura de Galicia como José Luis Hernáez Mañas. A lista completa é: • Mellor Tarefa de Comunicación sobre o viño: Antonio Portela • Mellor Servizo do viño no Restaurante: O Refuxio (Oleiros) • Mellor Tenda Especializada- […]

Polos Viños da Emoción… no claustro

  Dentro dunha semana estaremos na Emoción cos viños que son quen de levármonos máis alá. Nesta edición de “A Emoción dos Viños” tíñamos un compromiso afectivo e de gratitude coas adegas que participaron naquela primeira convocatoria e polo tanto arrancaron co que a Emoción empeza a ser. Fixéramoslles unha chamada para algo novo, do […]

Cazoga, de Jorge Carnero

Viña Cazoga 2010. Viño elaborado por Jorge Carnero Fiuza en Pacio (Sober), polo tanto con mencía da vertente de Amandi, esa que mira o sur e o sol por enriba da banda dos leitóns. Da antiga, porque xa so fica na memoria languidecendo ate que non sexa máis que un recordo esquecido, uniformidade mediocre dos viños […]

O Morrazo

Cara ó Atlántico, cos pés abaneados polas mareas, mollados entre cunchas, e o cabelo peiteado pola súa brisa mariña, de profundidade oceánica… Cara ó solpor existe unha viticultura apegada á terriña, de esquelete granítico e veas regadas desde o Miño ate o Ulla por mil regatos que rematan o seu camiño entre viñas para seren […]