Archive for Xullo, 2012

Couto Mixto

Sentímonos na raia, coa sensación da liberdade de vagar entre terriñas, fluindo polos territorios dos soños que nos han levar Máis Alá, no interior do pais por espazos portugálicos, polo centro xeográfico dunha Gallaecia amputada, coa memoria dunha Suevia anestesiada dos nosos recordos por grandes capitanes, individuos campeadores, imperios sempre asoleados e outros figurantes históricos […]

104 das Rías Baixas

De túnel en túnel aínda que coa sensación de estar ó aire libre, baixo este celeste atlántico perfumado pola brisa mariña e o calorciño que permite pasear a calquera hora do día por areais e sendeiros da túa maniña. De túnel en túnel coa Emoción dos Viños no recordo e o desexo de volver a […]

Xirpin

Xirpin 2010. Esteiro (Boiro) Terra do Barbanza. 12.5º de albariño, godello, treixadura e branco lexítimo. Por Antonio Saborido. Sucédense por ondanadas o branco aromático da pera e a flor de tilo, co amarelo dos froitos do pais: mirabel, ameixa e pavía, as herbas aromáticas da corredoira e ese fondo mineral do limpo empedrado de granito despois […]

Os viños do Auria

Auria vinum. Os viños no Ourense Aurio. Na expansión da cultura do viño e do seu consumo, ou viceversa, tanto nos ten, que levamos desde hai tempo Ourense representa unha praza prioritaria, ven sendo o epicentro xeográfico o redor do que se atopan catro das cinco denominacións de orixe galegas, ademais da vinculación que sempre […]

Manuel D´Amaro

Nunca esquecemos o que chegou a emocionarnos, na memoria fica o que nos ten emocionado, é o filtro dos sentidos. Houbo unha época na que a xente bebía viños sen maquillar, e os que gozaron deles a litros gardan no seu recordo, entre outros, aqueles viños de pedral, e polos xestos que debuxan na cara e as palabras que […]

Auria Vinum

Surcamos o pais… desde a Emoción e desde as terras, o mar o vento… Imos a modo acompañando o bulir da súa vitivinicultura. Seguímolo con paixón, pegándolle grolos ós seus viños sen paraxe Xa sabedes: buscamos, procuramos, defendemos… a cultura do viño, a miles de viticultores, adegas a centos, a supervivencia do medio rural, natural e […]