Auria Vinum

Surcamos o pais… desde a Emoción e desde as terras, o mar o vento…

Imos a modo acompañando o bulir da súa vitivinicultura. Seguímolo con paixón, pegándolle grolos ós seus viños sen paraxe

Xa sabedes: buscamos, procuramos, defendemos… a cultura do viño, a miles de viticultores, adegas a centos, a supervivencia do medio rural, natural e sostíbel, dinámico e vivo, para vivir e perdurar nos tempos… Unha alimentación saudábel con viño.

Ignoramos as modas ocas e pasaxeiras (gins, etc) que tentan baixo unha aparencia glamourosa, simples escaparate do valeiro, reducir todavia máis o seu consumo.

Somos ricos nisto do viño, pero non o sabemos, deberiamos beber a litros os viños de nos e do mundo enteiro.

Seguiremos espallando a ledicia, a emoción e o gastronómico de beber viño

O sábado 7 de xullo no Museo Municipal de Ourense nace a primeira edición do túnel do viño“Auria Vinum” 

Xa era tempo que a cidade rodeada de catro das cinco denominacións de orixe galegas tivera un evento nun espazo máis axeitado para a conversa e o viño.

Vémonos en Ourense

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Deixa unha resposta