Archive for Agosto, 2012

Finca Teira

Ribeiro da banda dereita do Avia cando pasa por Beade. Ribeiro da finca Miñoteira, pracido viñedo en forma de cuncha con alma granítica, e da finca Portela que aportan para este viño os bagos de treixadura, godello e torrontés. Viño do Ribeiro elaborado polo colleiteiro Manuel Formigo, enólogo formado cos fundamentos da enoloxía moderna e fornecido coa […]

Memoria da Pedra do son perdido da neve do silencio das rochas do cheiro mulido de prados entre cores limpas dos días na néboa que sube calada e … así se vai do aire do norte ensinando as liñas que levan ó cumio

sen título, sen etiqueta

Recoñezo que os pequenos tesouros da miña adega non levan etiqueta, e o único problema que acho de tal feito é que as veces confúndome e teño que memorizar tipos de botellas e de rollas para distinguilos. Entre eles o impresionante viño que di ser tinto pero que semella un rosé e realmente ten un […]

Alma e Pazo

Salnés… O Condado… Rías Baixas… Miño Alma de Mar e Pazo Piñeiro compartindo anada (2010), contraetiqueta e esencia albariña elaborada de xeito semellante, pero cadanseu transmitindo a identidade do seu lugar. Dun lado un viñedo de aire atlántico e cheiro de ría, con cepas de raizames que se achegan ós areais abaneados polo ritmo das mareas, […]