Finca Teira

Ribeiro da banda dereita do Avia cando pasa por Beade. Ribeiro da finca Miñoteira, pracido viñedo en forma de cuncha con alma granítica, e da finca Portela que aportan para este viño os bagos de treixadura, godello e torrontés.

Viño do Ribeiro elaborado polo colleiteiro Manuel Formigo, enólogo formado cos fundamentos da enoloxía moderna e fornecido coa sabedoría da experiencia da súa tradición familiar.

Co Finca Teira 2011 os tragos refrescan a gorxa, hidratan o espírito e colman a sede, levándonos cos seus aromas polos escenarios da memoria onde unha infancia san e alegre: trepando ós frutais, buscando os cuarzos do granito, saltando polos prados con flores penduradas do cabelo.

Ule limpo, con aromas finos, franqueza primaria, coa tipicidade do Ribeiro plurivarietal. Ten tacto suave e unha agradecida acidez que se alonga co trago na distancia… para repetilos con asiduidade.

publicado no bago miúdo

Os comentarios están pechados.