Archive for Outubro, 2012

Quinta de Dolores

Que armonia! que máxica conxunción… a do carballo galego. O día que teñamos nas nosas mans conxugar videiras sen amputar, con raizames de seu, carentes de patróns extraños ó seu organismo, en terriñas acaidas de solos perfectos orientados cara ceos iluminados… e pretendamos que o círculo se peche e o triskel se arme para que […]

outono… grazas

O vento asoma por enriba de todos os vellos penedos da Suevia, cada dia que acerca o inverno con máis brio, despois de sobrevoar todas as pequenas crestiñas de outeiros que o separan desta ladeira orante sobre un Bibei ermitaño, cara o solpor que esconde a cabeza de Manzaneda, cara o océano que o envia, cada […]

Sempre Máis Alá

Vivimos unha época prometedora, de laboreo para un futuro esplendoroso… que xa atinamos, somos quen de visualizalo, sabemos como será porque coñecemos a nosa terra e o que na linguaxe vitivinícola fará dela unha obra mestra, porque coñecemos os piares sobre os que se asentan as grandes catedrais do viño, e o que fixo emerxer a […]

O Torroxal da branca flor

O Rosal. Torroxal. Ou a historia duns viños que botas de menos cando non os tes e non valoras cando están ó teu carón. Elaborados coa vocación maioritaria da última época dos brancos galegos, o viño do ano, agora en retroceso ou en fase de consideracións máis amplas e abertas, aquel era un dos tótems instaurados […]