Archive for Novembro, 2012

da Chaira do Ramiriño unha garnacha vella

A historia tintada de Valdeorras, entre O Bierzo e a Ribeira Sacra, entre a potencia dunha mencia máis vella e asolada en terreos xistosos e arxilosos e unha mencia máis fresca adaptada coma unha luva ás ladeiras xistosas do Sil, ás graníticas do Miño ou a altura luminosa do Bibei, transcurre entre o histórico albarello, […]

Lapeyre, Juranson

Desde o Portalet, onde aparcamos de noite o coche e montamos un vivac improvisado, hai unha hora escasa ate o refuxio de Pombie nas faldras do Pic Midi D´Ossou, alí outro vivac máis confortábel e coas primeiras luces asomando tralo macizo do Balaitus os primeiros agarres da sudeste clásica a este antigo volcán. Días despois en […]

Ranking de vinos < 10 €

Achegámonos a unha nova edición do Ranking, a terceira, que organiza Mariano, autor do blog mileurismogourmet, co obxectivo de recoñecer, promocionar, e con elo difundir a cultura do viño e por suposto o seu consumo, de viños que por debaixo dos 10 € ofrecen calidade con grandes doses de personalidade e autenticidade. Na escritura do viño […]

Merencio

Sadurnín (Cenlle) O Ribeiro. Lugar iluminado. Prácida atalaia para describir a traxectoria do sol, anunciar o que se asoma trala Serra do Suido ou deixarse levar por o que vai pintar o solpor atlántico. Sabemos o que agochan os diferentes recunchos do Arnoia, as cálidas beiras do Avia ou a volumosa pracides coa que navega […]

Unha vendima máis?

Rematou a vendima do 2012. Desde fora, ese bulir de vendimadores entre parras, guindastres, ou subindo pendentes abancaladas, aparentemente, se miramos ou lemos as referencias das crónicas dos diferentes medios de comunicación, a impresión que levamos e simplemente a de xente que apañou acios das videiras e os depositou en caixas de distintos tamaños e […]