Merencio

Sadurnín (Cenlle) O Ribeiro. Lugar iluminado. Prácida atalaia para describir a traxectoria do sol, anunciar o que se asoma trala Serra do Suido ou deixarse levar por o que vai pintar o solpor atlántico.

Sabemos o que agochan os diferentes recunchos do Arnoia, as cálidas beiras do Avia ou a volumosa pracides coa que navega o Miño entre viñedos desde Ourense ate Castrelo, nembargantes, Cenlle, solitario, parece transcender cabalgando baixo o ceo por enriba de rios e ribeiras.

Jorge Merencio xestiona coa vocación dun vigneron un viñedo de 5 h, que está a piques de duplicarse, ocupando a esquistosa ladeira noroeste do pequeno val que garda na banda sureste a aldea de Sadurnín. A historia de Jorge parte de Carballeda de Avia, a súa orixe, con viñedo familiar incluido, e pasa polas adegas da Cooperativa do Ribeiro e de Señorio de Beade, onde ten traballado antes de chegar a Sadurnín, onde atopou un atractivo viñedo cunha rústica adega. O azar levouno a esta aldea de Cenlle cando, buscando un local para elaborar un viño propio, coñeceu ó propietario dese auténtico Clos, amigo dun amigo, coindidindo no momento preciso para ambos.

No viñedo de Jorge Merencio pontifica a treixadura, asi a todo garda un protagonismo especial para o caiño branco, ademais de contar por suposto co albariño e tamén tomar partido polo godello, este na parte lindante do monte que xa foi roturado e abancalado e está a piques de plantar.

A sua filosofia de traballo pasa polo repeto ós bagos e ós seus lévedos naturais cunha mínima manipulación, e sobre todo pola espera, sen presas, do ritmo natural do viño. Con estas maneiras e disfrutando como fixen con esta a súa primeira anada non é arriscado aventurar, nin dificil pronosticar o que nos traerán as que virán…

Merencio 2011, con treixadura de Sadurnín, 12º. Entrada sutil, fina acidez, suave corpiño e nítido amargor antes dun final espansivo… estenso co sabor branco e amarelo do néctar dos froitos. Antes cheiramos as sensacións primarias dun recén nacido, os aromas do momento no que a vida se destapa, ou descubre… no Merencio con recordos de almizcle, piña verde, a flor do mirtilo, a máis branca flor…

7 ResponsesMerencio to “”

  1. Moi interesante…

  2. e prometedor…

  3. Ayer en la presentaciónde Rias baixas me encontré con un vino de Variedad Pedreal, Manuel D´amaro 2011
    Que me podéis contar de él?. A mi me gustó la verdad, muha fresa, algo vegetal, bastante tanino y acidez un poco “agresiva” pero me llaó la atención

  4. Apunto en la lista este vino, tiene muy buena pinta.
    He descubierto un albariño que me ha gustado mucho, no se si te leí algo de él. Altares de Postmarcos 09.
    Por qúe le falta un poo de persistenci sino sería uno de los grandes albariños del año.

  5. Hola Jorge, el pedral es una variedad miñota, actualmente con más presencia en O Condado que en O Rosal, en la banda sur portuguesa no estoy seguro de su extensión actual. La añada pasada (2011)tuvé la oportunidad de elaborar en A Granxa un tinto a la manera tradicional: despalillado a mano, pisa a pe, fermentado en fudre de 500 l. en el que el pedral era mayoritario, sin una intención previa sino porque era la variedad que mejor estaba, y me sorprendió su elegancia, por sus finos taninos y acidez, con unos aromas sugerentes…

  6. El Manuel D´Amaro lo disfrute este verano:

    http://viticulturista.blogaliza.org/2012/07/10/manuel-d%c2%b4amaro/

    Es la primera añada y seguro que en las siguientes afinarán más

  7. Coincido contigo en que es uno de los grandes albariños del año. Lo disfrute en tres o cuatro ocasiones este año y en todas me… colmó.

    Una de ellas fué esta:

    http://viticulturista.blogaliza.org/2011/12/28/de-postmarcos-o-altares/