Ranking de vinos < 10 €

Achegámonos a unha nova edición do Ranking, a terceira, que organiza Mariano, autor do blog mileurismogourmet, co obxectivo de recoñecer, promocionar, e con elo difundir a cultura do viño e por suposto o seu consumo, de viños que por debaixo dos 10 € ofrecen calidade con grandes doses de personalidade e autenticidade.

Na escritura do viño conviven diversos estilos, como debe ser, un pode viaxar entre gustos e xeitos de describir o viño variados, cos que podes coincidir ou non, con estilos que nos poden resultar máis ou menos atractivos, con criterios diferenciados, pero que serven de igual ou paresida maneira á expansión da cultura do viño e do seu consumo.

Para o viticólogo dos bagos, que sempre tivo moi claro que a forma de describir un viño non ten cancelas, o Mileurista gourmet foi o primeiro blog enófilo no que atopei primeiro un eco, despois de levar un tempo como pregoando no deserto nunha época na que falar dalgúns viños galegos ou dun estilo máis atlántico era arriscado ou máis ben paresia unha extravagancia narcisista “regional”, para máis tarde converterse na referencia obrigada que é o seu blog na actualidade.

Aquel eco primario falaba de ventureiras prescripcións e desexos que agora o tempo ten convertido en confirmacións que son e que virán: lonxevidade, castes autóctonas, aumento da cultura ecolóxica, orgánica, natural ou biodinámica na viña, a convivencia do frescor e a nítida acidez coa potencia e a concentración ben entendida, o destape das 1000 terriñas conformadas por subzonas, ribeiras, vales, parroquías ou vilas… todo é posibel neste pais, incluso a versión máis afrancesada de variedades internacionais (ex-mellorantes).

Un engadido ó atractivo da cata do Ranking é que esta se vai desenvolver no novo Bagos (Pontevedra)… con Fernando e Adrián… será unha gran cita, e os resultados unha magnífica guía para a compra de viños.

2 ResponsesRanking de vinos < 10 € to “”

  1. Graciñas meu!

    Aperta e vémonos nuns días.

  2. Vémonos logo…