Lapeyre, Juranson

Desde o Portalet, onde aparcamos de noite o coche e montamos un vivac improvisado, hai unha hora escasa ate o refuxio de Pombie nas faldras do Pic Midi D´Ossou, alí outro vivac máis confortábel e coas primeiras luces asomando tralo macizo do Balaitus os primeiros agarres da sudeste clásica a este antigo volcán. Días despois en Pau o descubrimento dos viños de Juranson, no Bearn pirenáico.

o Pic D´Ossou desde o viñedo

Agora podo disfrutar dun Juranson coma o Lapeyre de Jen-Bernard Larrieu grazas a La Cave de Marcel, pequena viñoteca de vins de France situada na rotonda da Praza da Independencia de Vigo. María Ogando leva entre conversacións en francés, e catas que arrancaremos próximamente, unha, de momento reducida, lista de viños pero que achegan a Vigo representacións de todas as rexións vitivinícolas francesas.

Lapeyre 2011, gros manseng de agricultura biolóxica que mira polo sur ó Pic D´Ossou entre cascallos de rochas sedimentarias dendítricas, o pudingue calcário do Juranson, e o Atlántico … Cítricos verdes entre menta fresca floreada e flor branca silvestre e pementa branca e rama de cánela e oso de froita. Vibra, salta e danza, cara o final a reviravolta é amargosa deixando no padal, ademais, unha sensación salina. Ule a mañán… a mirar por unha fiestra, entre terciopelo branco. Sabe a caramelo cítrico recheo de mel. Deixa na boca o gusto do fío de auga que cae pola rocha, no final da sudeste ó Pic.

Se hai algo común na gran maioría dos viños franceses é que onde hai terroir, e acidez, ensínase, non se oculta, respétase, coma neste viño.

da web Lapeyre

2 ResponsesLapeyre, Juranson to “”

  1. Cando se organice unha de esas catas, podedes anuncialo? Non sei que medio usa La Cave de Marcel para anunciar as cousas, a súa web?

    O outro día descubrín La Cave de Marcel, e pareceume un sitio moi interesante (aparte traballando unha oferta que habitualmente non chegaba moito a Galicia)

  2. Todas as actividades que realiza están anunciadas no seu facebook: https://www.facebook.com/LaCaveDeMarcel?ref=ts&fref=ts
    Mándoche unha mensaxe cado sexan as catas.