Archive for Xaneiro, 2013

Rafa Bernabé

Xardín mediterránico que deixa atrás un bosque descontraido, calmo. Floral, con aromas que exalan todas as cores, que se agarran ó escuro verde dun mato e relucen frutais co vivo do vermello, o xugoso do amarelo e un negro que vai maduro. Pintura primaveral que coas horas é aperta estival. Goloso, fresco e amargoso en […]

polos viños do solpor

Cara ó solpor existe unha viticultura apegada á terriña, de esqueleto granítico e veas regadas desde o Miño ata o Ulla por mil regatos que rematan o seu camiño entre viñas para seren, co Atlántico, rías. Desde a parte costeira ata os vales que descenden polo curso dos ríos atlánticos como o Ulla, o Miño, […]

Lonxevidade / IV Cata das Añadas Rías Baixas

Continuo revisando entradas do viticólogo para BenBo, no seu tempo podían semellar  ensoñacións pero…, nesta ocasión, e antes da crónica do que me pareceu a IV Cata das Anadas de Rías Baixas, a lonxevidade. A enorme riqueza varietal e a variedade de solos e microclimas conxugados coas diferentes técnicas enolóxicas orixina as múltiples posibilidades que se […]

Cruceiro

Ven de viñas espalladas por esa ribeira norte do Sil que é coñecida desde hai tempo por Amandi, elaborado en Vilachá da parroquia de Doade no concello de Sober por Ramón Marcos Fernandez, como consta na etiqueta, onde tamén menciona a variedade Mencía e sinala a cifra de 13´5 como o % do volume en alcohol. […]