Rafa Bernabé

Xardín mediterránico que deixa atrás un bosque descontraido, calmo. Floral, con aromas que exalan todas as cores, que se agarran ó escuro verde dun mato e relucen frutais co vivo do vermello, o xugoso do amarelo e un negro que vai maduro. Pintura primaveral que coas horas é aperta estival. Goloso, fresco e amargoso en doses que fan de cada trago unha nova pincelada de uva e de terra. Pasa con flores e un agarre que fai salivar. Leva un parlamento amigable, para escoitar e sentir o paso das horas falando.

Desde diferentes uvas, con maioria da local monastrel, desde diferentes solos e distintas exposicións, desde a Finca Casa Balaguer en Villena (Alicante), e desde a súa bodega Rafa Bernabé elabora este Beryna da anada do 2010. Rafa Bernabé tamén é Viñedos Culturales: a reivindicación da identidade e da orixe, “el último esfuerzo de la tierra por llegar al cielo”Compromiso y respeto por la tierra, agricultura del cielo, rescate de nuestro patrimonio vitivinícola, vinos que reflejen un territorio, una cultura, sus hombres, sus mujeres, sus tradiciones, viñas viejas, secanos perdidos y olvidados, pequeñas producciones, formas artesanales, …………. En definitiva volver al inicio.

Non teño nada que engadir ou comentar, son palabras que sinto moi próximas, como todo o que transmite Rafa Bernabé, e iso que a relación que teño con él e cos seus viños ainda lle queda moita conversa e grolos.

3 ResponsesRafa Bernabé to “”

  1. Rafa Bernabé

    En doce anos de existencia non nos dixeron algo tan bonito e sincero, e en galego, soa a música celestial, grazas amigo, saúde

  2. Antonio Portela

    Es lo que transmites Rafa… como estas palabras túas nese mesmo galego agarimoso que escrito por un alicantino como tu emociona

    Salut

  3. Mariano

    Un grande