Archive for Febreiro, 2013

Beban máis viño!!

A vocación vitivinícola galega é a do viño de calidade. A historia do viño neste país, descoñecida para a maioría, situaba ó viño de Ribadavia coma o máis reputado, e caro, de toda Europa, era un auténtico signo de poder e de riqueza, o que convertía a Galicia nunha potencia económica. Isto era tan evidente, […]

Bagos da Finca Valiñas… polo Mar de Frades

Os bagos sans e no punto de maduración axeitado transmiten por si mesmos, son quen, sen engadidos externos, de amosar a súa identidade. Levan coma nun relicario as esencias de seu e as peculiaridades do contorno no que vexetan, enraizan, maduran e conviven. Podemos respetar esa expresión primaria, preservar a pintura da paisaxe que levan gravada, ou […]

Moncerbal. Voz de clavel varonil

Moncerbal, Bierzo norteño, virado ó leste vindo desde a parte máis aberta do val que é Las Lamas, abríndose cara o chan berciano cun solo frío e a luz do atardecer. Un sendeiro escoltado por retama achéganos ó amendoeiro que vixía as ladeiras enxistadas baixo os pes de vellas mencías. Bierzo Hoxe, o Moncerbal daquela […]