Antonio / Xirpin / Barbanza

Ría de Arousa, anchura farta, fartura extensa. Un ElDorado de Nos

Costa desapegada de mesetas, co punto de mira noutros lares, nun solpor que sinala a orientación dos nosos soños. Un estar peninsular abalconado cara o oeste, de costas a entidades, e marcas, que non representan a súa autentica identidade. A conexión co Mediterráneo sempre fora polo mar, ó través da liña costeira dun Portugal melancólico, descendendo por beiras irmás de praias que soan coma nos. Mediterráneo asomado desde o poniente por un estreito que é Andalusí. Mas somos do Atlántico...

As rías baixas posuen dous espazos claves para entender a sua esencia, dous enclaves cunha personalidade apabullante, espantosa, e xeográficamente definida: unha península (O Morrazo) con vertentes abeiradas en duas rías (Pontevedra e Vigo) e unha ría (Arousa) con beiras en dúas vertentes: a norte do Barbanza e a surista no Salnés.

Morrazo e Barbanza foran xardíns de vides estendidas desde as ladeiras dos fachos ate a brancura dos finos areais, minerais e salinos, vexetados por castes singulares, esclusivas, apegadas ás terriñas graníticas acunadas polo Atlántico domado das rías.

Na banda dereita da ría de Arousa, vertente sur da península do Barbanza, e no concello de Boiro, hai duas parroquías (Abanqueiro e Castro) que, sendo un pequeno itsmo cadansua delas, forman xuntiñas unha única península inserida no medio do Mar de Arousa, na súa parte máis repousada (entre Boiro e Vilagarcía) fronte a parte máis oceánica situada entre a Illa de Arousa e a de Sálvora.

Abandeira, Castro con Esteiro e Cabo de Cruz ou Portomouro e O Chazo foron antano lares de navegantes entre mares de viñas, estensos agros poboados de raposos, albariños, caiños, brancellaos… e agora receptáculos da riqueza mariña, acuicultura que sustituiu á agricultura coa plantación de centos de bateas, e seguramente a proliferación máis grande de Europa de industrias conserveiras.

Antonio Saborido. Viña e praia en Esteiro

Antonio Saborido (Xirpin) controla parte do viñedo que resiste desde aqueles anos nos que a producción de viño no Barbanza era moi superior á de outras zonas, agora referentes, coma por exemplo o Salnés. Había barcazas que facían a rota desde Cambados para abastecerse de viño. Parte desas viñas, que moran á beira dos areais ou no medio dos pequenos bosques desta península boirense, acougan cepas centenarias, claro que entón prefiloxéricas, exemplares vestixio da antiga viticultura: de máis elevadas densidades, con emparrados baixiños (horreur!! parras: crencias e práctica antergas, supersticións do pasado) e tratamentos máis respectuosos co entorno. Aquela viticultura tradicional, perdida no tempo, contaminada en sucesivas fases desde hai decenios, ate que finalmente o desapego e o esquecimento da relación entre os modos de cultivo que buscan a máxima expresión dunha terriña é total. Viticultura que descoñecía os parámetros que seguen as técnicas modernas de implantación da mediocridade.  Os grandes viños do mundo están máis preto daquela viticultura, porque souberon coidar e preservar a transmisión da experiencia das sucesivas xeneracións de vignerons. Nos partimos de case cero, as veces de máis atrás ou de menos que cero. Aínda que haxa persoas ailladas, espalladas pola xeografía galega, coma monxes orantes coa terra (veño de estar na cata que deu Mateo en Bagos) preocupados en interpretar o seu territorio, que nesta época que vivimos atópase coma un lenzo en branco, para chegar ás conclusións que o tempo ocultou.  Outras zonas non perderon no tempo esta aprendizaxe secular, gardáronna, e así levan unha velocidade constante sen voltas atrás, sen pasos errados, nen rectificacións que despexen o camiño á implantación da viticultura de “precisión”, de resultados light na expresión dos viños pero máis agresiva co medio, sen conexión coa terra, con parámetros industriais de costes de producción, man de obra barata, mecanización e tratamentos con produtos que a alonxan todavía máis da calidade, do territorio… da emoción.

Raposo, centenario, prefiloxérico…

Antonio garda na memoria os espazos que foron da viticultura nesta península que nace do Barbanza e mora no Mar de Arousa.

Xirpin, viñedo que da nome ó viño. Solo areoso e francoareoso

O Xirpin branco é un viño baseado na caste local raposo (branco lexítimo, caracterizado polo seu potencial aromático, cecais un punto máis elevado que o albariño, e unha sensación en boca máis densa e de tacto graso) acompañada dunha importante porcentaxe de albariño e outro máis reducido de treixadura e godello. Os anos nos que o albariño reduce o seu aporte, como foi o 2012 (aínda en depósito) o Xirpin leva a impronta máis acusada do raposo, neste momento con flor de mimosa, néspero e outras froitas de oso, e un paso menos vertical, máis amplo

O Xirpin tinto leva o nervo do caiño, a bravura do sousón, o agarimo do brancellao e unha mencía residual allea ás bisbarras atlánticas. O 2012 tamén deixou sen caiño ó tinto (o albariño é da mesma ponla varietal que o caiño) desta maneira o Xirpin 2012, que repousa no depósito, manifesta o paso máis amable da mencía acompañado do carácter do sousón, pero sen perder o atractivo dun trago vicioso e namoroso.

Grazas Antonio, polo patrimonio que gardas e polos viños que nos ofreces.

 

4 ResponsesAntonio / Xirpin / Barbanza to “”

  1. Joan Gómez Pallarès

    Estpuendo artículo, Antonio, que es fruto de un conocimiento profundo de tu tierra y de las peculiaridades de sus uvas y personas. Lo que he escrito sobre la visita, que me diste la oportunidad de compartir contigo y con tu amigo a Xirpin, saldrá un poco más adelante, pero comparto las sensaciones de agradecimiento tanto por lo que hace Antonio en términos de patrimonio cultural (así considero a viñedos como los que vimos), como gastronómico (sobre todo el Xirpin Blanco me dejó descolocado). Que, además, haya podido vivir, también contigo, otra experiencia alucinante en el Morrazo, me hace sentir privilegiado. En dos años, Morrazo y Barbanza contigo: un lujazo. Mil gracias por todos y, eso, pronto saldrá un artículo sobre Saborido en el blog. Apertas! Joan

  2. Antonio

    Espero la lectura de tus sensaciones escritas…
    Siempre es un placer gozar de tu compañia y también una lección, no sabes lo que aprendí entre “lineas”, entre tragos y bocados, tus reflexiones siempre son una referencía y después del “entrenamiento” y vivencias a flor de piel que llevas tras esas cinco semanas de ruta todo un lujo.
    Apertas!!

  3. Ourenson

    Um vinho excelente, muito afrutado e ligeiro em boca, notas que lembran a amorodo e framboesa em plenitude. Combina à perfeiçom com mariscos da ria (proponho umha boa centola). Realmentre surpreendente, gostei imenso.

  4. Antonio Portela

    Concordo… em tudo.

    Saúdos Ourenson