Imos de ribeiras a terriñas

deixando polo medio retrincos de nós

os rabuños dunha vida, o rasto de ti en min

lastres do que non dixemos nen fixemos…

camiñando polas ondas do teu cabelo

respirando o aire co teu cheiro

escoitando a vida das pedras en cada paso

o marmurio renovado dos mananciais

iluminado polo verdor replandecente das nosas eiras

co calor que destilas nos meus beizos

cara limpa, luz natural que da vida

que ilumina este paraíso que a néboa escondía.

Os comentarios están pechados.