Archive for Xuño, 2013

Terra de cepas e viños

A revista Cepas y Vinos xa é unha realidade, e na pax. 48 unha pequena colaboración debullando a esencia das terriñas, repasando feitos do pasado e recuperando algunhas claves para futuro: Hai un país de territorios peiteados polo Atlántico, país de mil ríos cos seus mil vales multiplicados por ladeiras e vertentes vertixinosas ou penedos ondulantes […]

espiral de emocións

A Emoción foi, si, apareceu, surdiu, creceu, estivo connosco… ainda está… Virán novas copas, en diferentes situacións e con distintas compañías, pero sempre gardaremos na memoria esa Emoción, a que foi o sábado no claustro. Estamos relaxados, a emoción deixa un repouso de paz e benestar, de tranquilidade… a voar por cima… Pero entre grolos […]

A Emoción dos Viños 2013

Achegámonos a unha nova Emoción dos Viños, renovaremos sensacións gravadas na memoria, conversas con amigos o redor da vida que bule no interior das copas. Os amigos viticultores que confiaron en nós hai dous anos seguen contando coa nosa gratitude, a devoción que lles temos busca espazos onde compartir esa amistade, onde propagar desde as pedras […]

emoción

As veces trasladámonos máis alá transportados sen movernos, sen soltar a copa da man, a voar por cima, silandeiros ou apaixoados cara outros lares, onde so polos sonos chegaramos. Sen soltar a copa da man…