A Emoción dos Viños 2013

Achegámonos a unha nova Emoción dos Viños, renovaremos sensacións gravadas na memoria, conversas con amigos o redor da vida que bule no interior das copas.

Os amigos viticultores que confiaron en nós hai dous anos seguen contando coa nosa gratitude, a devoción que lles temos busca espazos onde compartir esa amistade, onde propagar desde as pedras centenarias aos catro puntos cardinais a beleza milenaria do viño, da cultura que nos dá pracer e saúde.

Canda eles novos amigos terán un recuncho no claustro para mostrarnos a súa versión da Emoción cos seus viños. Seguimos presentando xente nova que ama as súas terriñas e as traballa con paixón, e ademais nos emocionan cos seus froitos embotellados.

Somos combatentes da causa vitícola, reivindicamos a expansión da súa cultura… e o pracer, a saúde, a terra, a Emoción.

Acompáñanos o mesmo desexo que nos levou na primeira edición á busca da Emoción. Somerxernos na esencia das terriñas do País dos mil ríos e dos mil vales, deste País abrazado polo Atlántico, estendéndose sobrevoando todos estes microespaciosencepados de viñas, microviñas, ribeiras sobrecollidas, suaves e ondulantes ou en vertixinosas vertentes orantes cara o solpor, iluminadas polo sol do horizonte atlántico, con castes de nomes agarimosos, irreproducibeis noutros lares, melancólicas e morriñentas, castes apegadas ás súas terriñas onde expresan a esencia da súa identidade con humildade pero con vocación universal, parafraseando a Castelao: bagos da Galiza células de universalidade

Estarán con nos amigos viticultores sen fronteiras, fieis á vocación das súas terras, das súas castes e da súa cultura.

Presentaremos a todos os que estedes con nos o 15 de xuño no claustro da Catedral de Tui, nesta época de modas fugaces e produtos sen conexión coa terra, difícil para o mercado do viño, a nobreza de viños fieis á súa herdanza histórica e aos seus terroirs diferenciados: riqueza de matices, castes, paisaxes, tradicións e culturas.

Desde o Dão:

Antonio Lopes da Casa se Mouraz

Joao Tavarés da Quinta da Boavista

Do Minho:

Ansemo Mendes e Marcial Dorado

Mario Sergio Nuno da Quinta das Bageiras (Bairrada)

Desde o Douro:

Rita Marques (Conceito Vinhos)

Joao Roseira da Quinta do Infantado

Ismael Gozalo / Ossian (Rueda)

Alfredo Maestro de la Ribera del Duero

Samuel Cano desde el centro de La Mancha

Rafa Bernabé desde Villena (Alicante) Bodegas Bernabé Navarro e Viñedos Culturales

Rías Baixas:

José Antonio Rodriguez /Cª de Vinos Tricó (O Condado)

Gerardo Méndez / Do Ferreiro (Salnés)

Alberto Nanclares (Salnés)

Xurxo Alba (Salnés)

Lagar de Costa (Salnés)

Juan Arjones / As Furnias (O Condado)

Begoña Troncoso (O Condado)

Ribeiro:

Luis Anxo Rodríguez (Arnoia)

X. L. Sebio / Viños de Encostas

Bernardo Estévez (Arnoia)

Pazo Casanova (Miño)

Javier Monsalve (Arnoia)

Jorge Merencio (Cenlle)

Cuñas D´Avia (Avia)

Ribeira Sacra:

Pedro Rodriguez / Guímaro (Amandi)

Fernando Algueira (Amandi)

Jose Mª Prieto / Régoa (Amandi)

Viña Regueiral (Amandi)

Roberto Regal (Chantada)

Valdeorras:

Adega da Pinguela (Petín)

Jose Luis Aristegui (A Rúa)

Monterrei

X. L. Mateo / Quinta da Muradella

Barbanza:

José Crusat / Entre os Ríos

Antonio Saborido / Xirpin

Dominique Roujou de Boubee / Les 3 Amis

Os Goliardos / Viños de Terroir europeus

Asociación Galega de Viticultura con:

Xico de Mandín / Monterrei

Manuel Cancio / Val do Navia

2 ResponsesA Emoción dos Viños 2013 to “”

  1. Hola Antonio,

    Soy Carmen Albo y aunque en el programa de esta semana de la Guia Gastronómica de Radio Vigo que dirijo y presento, no tengo hueco para entrevistarte, viendo ahora esta fantástica iniciativa, al menos me gustaría mencionarla.

    …Y a mayores, entrevistarte un día en el programa…bueno, casi mejor hablamos.

    Mándame, por favor, un mail a guisandomelavida@gmail.com con tu teléfono, o un mensaje privado en FB o Twitter…lo que sea más cómodo para ti.

    Un saludo!!

  2. Llenaremos de vino, riqueza, risas y placer ese claustro, claro que sí.