Titerogakaet / Vulcanalia

Alisios do Atlántico surcando unha illa que se deixa ventilar, aliviando quenturas pasadas, limpando a vista e o pensamento, din que despois de dez anos este vento volve tolos ós azoutados por el, será ós godos, porque os conejeros surfean entre as ráfagas coa tranquilidade e a pausa dun monxe tibetano nas chairas máis nítidas do mundo.

Alisios e Atlántico maquillando a negra pel bereber desta illla.

Non sei se toda esta pedrada máis ou menos fracturada e descomposta, de diferentes tipos de cores e sobre distintas franxas de chan é mineralidade.

Non sei se ese cheiro de negro espectro que atravesa froitas, flores e matos do monte, sexan das brancas castes ou das que tintan o mosto é mineralidade.

Non sei se esa sensaçom que envolve o padal co rasto dun tacto lamido e un deixe salgado, con maior ou menor presenza, é mineralidade.

Quen sabe

Rastreiras ou afundidas en buracos, amparadas por muros semicirculares, lonxitudinais ou ó redore dunha finca (perimetrais) Todas as cepas pousan sobre o mesmo lenzo negro pintado co verde da malvasía, do moscatel, do diego, ou dos listanes

La Geria é a zona máis fotografada e visitada pola peculiar implantación das cepas en buracos máis ou menos profundos, nalgúns casos protexidos por muros semicirculares. Coma noutras moitas zonas vitícolas o viñedo das partes máis altas tamén foi sendo abandoado, neste caso o pendurado nas ladeiras dos volcáns. Tinajo é o territorio de máis producción, limita polo este con La Geria, polo oeste co Atlántico e polo sur co P. N. do Timanfaya. No bairro de Mancha Blanca (Tinajo) é típica a conducción perimetral, ó redor dunha leira. Outra das zonas é Masdache (Tias) onde o tipo de conducción lonxitudinal é a maioritaria, sobre todo en Los Bermejos, onde está a adega do mesmo nome. No norte da illa e separado dos demais está o derradeiro territorio vitícola: Ye – Lajares (concello de Haría), onde a maioría do viñedo, unha parte del abandoado, atópase acupando o malpaís que formou o volcán Corona.

O picón é a cinza que cubre a capa volcánica, capa que vai desde algo máis dos 2 m. aos 20 cm das zonas menos profundas. O picón é o culpábel do cultivo da vide nesta illa, e doutros cultivos tamén. Esta cinza retén e filtra o auga cara o interior onde unha capa caliza impide que penetre máis. O picón tamén evita a evaporación e ademais recolle coma unha esponxa a humidade que os ventos alisios condensan do océano. A densidade de cepas por hectárea non pasa das 2.000 e nalgúns lares redúcese as 200, para unha producción final de entre os 1.000 e os 1.500 kg / h.

A viticultura nesta illa uni D.O. goza, coma en todas as zonas do mundo dotadas dunha personalidade acusada, de distintas terriñas, diferentes exposicións, alturas, doses de humidade, profundidade do chan. Pero o factor humano deste terroir, quen manexa os factores vitícolas non permanentes ou variabeis, atópase nunha fase que en Galicia, por exemplo, estamos tentando deixar atrás. En Lanzarote continúan con maneiras condicionadas e prolongadas no tempo por un mercado que absorbe toda a producción, na propia illa maioritariamente, priorizando así o volume nun viñedo de vocación recatada, e priorizando tamén a caste máis reputada, comercial e mellor pagada: a malvasía está a 1´9 € kilo e as tintas sobre 1´5 €. Viñedo que semella non estar aproveitado na súa máxima expresión, alonxado da auténticidade que mostraría cunha viticultura máis concienciada cara a excelencia. Aínda que esta é a visión dun “romántico” (como di algún presidente de consello regulador galaico), esta claro que a gran maioría dos productores de calquer zona daríase cun canto nos dentes con esta situación. Pero queremos ir Máis Alá, e viños que lá nos leven…

A elaboración estandarizada, precisamente a menos respectuosa coa expresión auténtica dun terroir, é a maioritaria, así a todo a personalidade tan potente deste territorio é quen de manifestarse entre esa sensorialidade amaneirada típica dese tipo de elaboración.

Na illa hai quince adegas das que Stratus, El Grifo, La Geria, Los Bermejos e Vega de Yuco (Masdache) abranguen a maioría da producción. Tierra de Volcanes (Yaiza) parece a máis prometedora das pequenas. La Grieta (Haría) ten realizado hai un par de anos unha experiencia submariña na celeste/turquesa costa norte de Punta Mujeres, que tivo que deixar de facer estás últimas anadas pola denuncia dunha adega rioxana, manda carallo!!, pero que ha retomar, nembargantes nos red está claramente desenfocada na súa aposta polas variedades francesas. Outras adegas son Vulcano (Tias), Martiñón (Masdache) ou Rubicón (La Geria). Ningunha delas elabora viños dos territorios diferenciados porque todas as adegas teñen a uva ou a mercan nas distintas zonas, logo mesturadas nos viños.          

La Geria. Viñedo abandonado na parte alta da ladeira.

La Geria

La Geria

Los Bermejos

Masdache

Tinajo, nos lindes do Timanfaya

Tinajo

Malpaís de La Corona

Malpaís de La Corona

Vendima tradicional

Picón

Radical vineyard

Viticultura extrema / namora.

soedade luminosa/calorciño de seu/agarimo permanente, despeiteado

vide / vida sobre o latexo da terra / terroir

Africa / Atlántico /América. Good Bye Europa

Monemvasia / Alejandría

Vulcano e Baco

 

 

2 ResponsesTiterogakaet / Vulcanalia to “”

  1. Alucinante

  2. Sen parar de disparar a cámara aos catro puntos cardinaes, 360º de placer visual