Archive for Setembro, 2013

9

Aterrei no seu brotar, máis logo, a modiño, fíxose con todo o que sinto. a prácida sensación do mes noveno, tranquila paz que apacigua a alma e relaxa o espírito. Cando o sol quentiño acaricia e a súa luz limpa, e suavemente as noites estreladas estenden a luminosidade transparente, e a lua, enchida, chega a […]

Arrancamos co Curso

Hoxe arrancamos oficialmente co Curso. Foron moitos anos de continua busca frustrada. Este ano demos coa engranaxe necesaria para artellar esta historia o redor do viño con calidade e profundidade. Esta engranaxe non é outra que o noso esforzo e gañas, a nosa vontade solitaria pero férrea no convencimento da súa necesidade. A busca da […]

Dialéctica do viño

Territorio, versión minifundista incluida, “atlanticidade”, variedades, elaboración, cultura da viña. Estos eixos fan xirar a dinámica expansiva do viño galego nun “bulir” de pequenas reaccións, autónomas para cada rexión vitivinícola galega, pero interrelacionadas, con mínimas diferencias no tempo. Hai unha conexión que transcende os límites das propias denominacións de orixe, que as vincula nunha dinámica […]

folgo

un lapis entre os dedos, ecos das pegadas que resisten na memoria, sons, notas coas claves da emoción, música que se infiltra entre as fibras, tragos que saben alimentar o espírito, pintar unha ringleira de verbas que ordenadas sacan o sorriso escondido no rosto, mentres, unha bágoa rapela ate o extremo dos beizos estirados travesía…