folgo

un lapis entre os dedos,

ecos das pegadas que resisten na memoria,

sons,

notas coas claves da emoción,

música que se infiltra entre as fibras,

tragos que saben alimentar o espírito,

pintar unha ringleira de verbas que ordenadas

sacan o sorriso escondido no rosto,

mentres,

unha bágoa rapela ate o extremo dos beizos estirados

travesía…

Os comentarios están pechados.