Arrancamos co Curso

Hoxe arrancamos oficialmente co Curso. Foron moitos anos de continua busca frustrada. Este ano demos coa engranaxe necesaria para artellar esta historia o redor do viño con calidade e profundidade. Esta engranaxe non é outra que o noso esforzo e gañas, a nosa vontade solitaria pero férrea no convencimento da súa necesidade. A busca da mellor formación posibel.

Arrancamos con forza, coa nosa forza, sen máis, coa ilusión dos alumnos, e con moitos máis alumnos que lles gustaría estar e cos que temos unha débeda e a promesa de próximas edicións máis accesibeis para estar con eles, coa sabedoría dos ponentes que nos irán abrindo e extendendo o coñecemento. No escenario da Cidade da Cultura de Galicia, onde atopamos o ambiente ideal para o seu desenrolo. Porque o viño en Galicia é un valor fundamental da nosa cultura, da nosa economía… da nosa ledicia, da nosa emoción… do noso futuro.

Algún día o mundo do viño en Galicia unirá esforzos, encetará vieiros comúns, sumará e non será neutro.

O único redemento do curso será para o mundo do viño en Galicia, un paso máis para que este pais aumente a súa cultura vitivinícola, para que aumente a lexión de formadores e informadores, de comunicadores, para encher liñas e páxinas de periódicos, revistas, libros, blogs e voces nas radios, etc., para axudar aos que acercan o viño e a súa cultura á poboación, os que encheran os colmados, as viñotecas, os ultramariños, os restaurantes, tabernas e bares de viños cos fundamentos do respeto ó consumidor, libres de prexuizos e modas impostas con vocación de perennidade.

Desde sempre apostamos pola formación, o coñecemento fainos máis libres e menos gregarios, para dinamitar prexuizos e impedir os sectarismos vacios que nos asolan, libres para abrir vieiros sen medo.

Somos simples interpretes do viño, humildes propagadores alegres e combativos da súa cultura e do seu consumo.

Hoxe as 6 na Cidade da Cultura de Galicia conferencia inagural por Xosé L. Mateo, exemplo de cultura, honestidade, humildade e traballo pola mellor vitivinicultura posibel, por un Máis Alá…

5 ResponsesArrancamos co Curso to “”

  1. Moita sorte co proxecto!!!

  2. Moitas gracias Mariano.

    Apertas

  3. Espero que dé buenos resultados. Mucha suerte. Abrazos desde Asturias.

  4. Muito Obrigado Jorge.
    Que lo estemos tirando para diante, con la “neutralidad” o vacio que nos rodea, para mi ya es un sueño
    Este verano eché de menos la tavesía anual polas Asturies, y el cheiro de los Picus…

    Abrazos

  5. Interesante . Aprendo algo con cada sito web todos los días. Siempre es estimulante poder leer el contenido de otros escritores. Desearía usar algo de tu articulo en mi web, naturalmente pondré un enlace , si me lo permites. Gracias por compartir.