9

Aterrei no seu brotar, máis logo, a modiño, fíxose con todo o que sinto.

a prácida sensación do mes noveno, tranquila paz que apacigua a alma e relaxa o espírito.

Cando o sol quentiño acaricia e a súa luz limpa,

e suavemente as noites estreladas estenden a luminosidade transparente, e a lua, enchida, chega a tempo

Armonía do verán atlántico, agora leve e suave, cun outono iluminado de cores, entre aires e cheiros anunciando un verdor que renace, torrados a se apagar, prantas secas que languidesen

Luz do outono máis noviño, recordando comezos de curso, cando a montaña máis limpa e sedenta é, montaña de manga curta ó sol e plumas na sombra

Tempo lento, que acouga

Pasado que se vai indo, co seu aroma entre os dedos, co rasto das caricias aínda na man, da mirada esvaecida na distancia, do común dunha vida esmorecida…

daquel viño do que gostabas

soalheiro, solciño a por-se no Atlántico, alumeando o Minho co dourado da pel alvarinha que palidese no copo.

bagos prestos a regar gorxas de lares sedentos, de regatos esgotados polo verán que se foi

refría o campo, a leira está coloreada de froitos, na viña esperan os bagos, vai o último baile solitario na veiguiña ó mencer

One Response9 to “”

  1. ¡Què bueno! Ciertos argumentos. Manten este espiritu es un blog fantastico. Tengo que leer màs blogs como este.

    Saludos