Vimbio

Goian, vila soleada cos pes no Miño e a testa repousada sobre ladeiras iluminadas. O Rosal ou o cara ó sol sobre o Pai Miño no tramo que este se vai abandoando ó océano. Verxel privilexiado polo mirar da luz e polo agarimo miñoto, Miño que moldeou prácidas beiras para que os froitos da terra teñan o mellor berce.

Martín Crussat xestiona un privilexiado viñedo familiar de albariño e caiño branco desde hai tres anadas, contando con esta. Aínda non o pisei pero coñecendo a zona e a sensibilidade e a vontade de Martín resulta evidente que estas sensacións que nos da o Vimbio do 2012, primeira en comercializar, irán gañando en complexidade e expresión da súa terriña.

Agora recorda o que deixamos atrás co outono. Para pisar de novo o campiño sobre cheiros de flores frescas, herbas húmidas, prantas que ó acaricialas nos deixan o seu aroma, bálsamo entre os dedos, cítricos e a fresca dozura cristalizada das froitas dese paraiso de O Rosal. O primario das froitas, e do perfumado na campiña fúndense na boca cun aire que refría, frescor que na boca é limpa verticalidade.

Os comentarios están pechados.